topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3609406

Alternativas visuais

js_element_orange
O BNG valora positivamente o rexeitamento de Medio Ambiente ao Complexo Residencial de Pinzás PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 de Setembro do 2007
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) amosa a súa satisfacción ca memoria ambiental emitida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible "que ben a corroborar os informes desfavorables emitidos no seu día pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural" sobre o Complexo Residencial e Deportivo “Coto Pinzás”, que pretendia utilizar monte comunal para desenvolver un proxecto urbanístico.

O BNG do Baixo Miño entende que deste xeito deuselle a razón nas súas reivindicacións "frenando así unha clara operación especulativa que pretendia a utilización do monte comunal, que é de todos os comuneiros, en favor dos intereses particulares dunha empresa", ademais, engaden os nacionalistas, de terse levado adiante este proxecto no monte comunal "podería ter sentado un grave precedente polo cal os especuladores tentarian expropiar miles de metros de monte comunal en todo o país para urbanizar", que o informe de Medio Ambiente lle pon freno deste xeito.

Para os nacionalistas, sobre o monte comunal non caben actuacións que supoñan o cambio de titular salvo para causas de utilidade pública e interese social preferentes ás propias do monte e que resulten imposibles de emprazar en lugar distinto do monte veciñal en man común, indicando que para unha operación urbanística deste calado, o monte non é o lugar máis axeitado e sobre todo, consideran que hai lugares máis axeitados no propio concello.

Con todo, indican que é necesario desenvolver actuacións sustentabeis que permitan a posta en valor do rural en si mesmo, así como dotar de servizos a estas zonas que se viron marxinadas polos gobernos do PP durante anos.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.