A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible ben de rexeitar a Modificación Puntual nº 3 do PXOM de Tomiño, coa que se pretendia levar a cabo o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial 'Coto Pinzás' por non garantizar o cumprimento dos criterios de sustentabilidade e que fora aprobada inicialmente polo anterior goberno municipal do Partido Popular.
Razóns para o rexeitamento Na Memoria Ambiental, asinada o pasado día 18 de setembro, resáltanse varios factores medio abientais para desestimar o proxecto, como o impacto e gasto enerxético que suporía o feito de ter que suministrar auga para unha nova urbanización con 800 vivendas. Así, no documento indicase que "a alternativa que se propón para asegurar o abastecemento é a de bombear dende o depósito situado en Tomiño e salvando un desnivel de case 300m, o que supón un elevado consumo enerxético". Do mesmo xeito, tamén se fai referencia a que no proxecto "non foi considerado o carácter irreversible e irrecuperable da acción urbanizadora que posibilita" a Modificación Puntual, o que consideran un feito "especialmente grave" considerando a extensión e as características actuais do ámbito. Asi mesmo tamén se resaltan os ríos e zonas húmidas da zona, que, "ademais de contar con ecosistemas asociados de alto valor, teñen unha importancia singular no mantemento do balance hidrolóxico e en relación coa biodiversidade. Polo tanto, estas áreas deberían ter sido protexidas" indica a memoria ambiental de Medio Ambiente. No mesmo senso, tamén indica que "o feito de que un solo sexa clasificado como urbanizable non elimina as servidumes e limitacións establecidas na Lei de augas e no Regulamento do Dominio Público Hidráulico. As zonas de servidume e de policía afectan a tódolos leitos públicos e en toda a súa lonxitude, sen ningunha excepción froito da súa clasificación urbanística". Consecuentemente, continua, "calquera obra que se pretenda executar dentro ou sobre o dominio público hidráulico ou na súa zona de policía (100 metros dende o leito) precisará a autorización previa e expresa do organismo autónomo Augas de Galicia, sexa cal sexa o tipo de solo no que se atope". A tal fin, indica, a presente modificación debería ter recollido medidas encamiñadas a conservar, restaurar e manter as canles do termo municipal do xeito máis natural posible, evitando calquera tipo de canalización ou regularización do trazado, así como as actividades que deterioren o dominio público hidráulico. Esto mesmo esténdese aos mananciais e acuíferos presentes no ámbito da modificación, "polo que debería quedar regulada coa modificación, a prohibición absoluta sobre a privatización dos devanditos mananciais e acuíferos, debendo estes continuar sendo de uso público". Avaliación Ambiental Extratéxica O Complexo Deportivo, Turístico e Residencial 'Coto Pinzás' que promoveu a empresa Raminosa S.L. e dos primeiros que se somete ao proceso de Avaliación Ambiental Extratéxica (AAE), un procedemento que se tramita de xeito simultáneo ao procedemento de modificación puntual do plan xeral, despois de que entrara en vigo a lei sobre avaliación de determinados plans e programas no medio ambiente, no mes de abril de 2006 e a de medidas urxentes en materia de ordenamento do territorio e do litoral de Galiza, en maio deste ano. Proxecto "Coto Pinzás" No proxecto "Coto Pinzás" pretendiase instalar dous campos de golf e unhas 800 vivendas en monte comunal, afectando a unha superficie aproximada de 210 hectáreas, das cales 90 serian para zona residencial e o resto, e dicer, 120, para zona deportiva onde se ubicarían os campos de golf ademais doutras instalacións deportivas. Presentaron alegacións ao mesmo, a Dirección Xeral de Patrimonio, o Servizo Provincial de Montes, o BNG, a Organización Galega de Comunidades de Montes, o Insitituto de Estudios Miñoranos, ANABAM, a Comunidade de Augas de Pinzás, Asociación A Groba e particulares, todas elas foron desestimadas. Para máis información sobre o proceso anterior, ver o DOSSIER elaborado por InfoRosal.com Descarga da Memoria Ambiental ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica, do 18 desetembro de 2007, da modificación puntual nº 3, ámbito "Coto Pinzás" do PXOM de Tomiño |