topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610320

Alternativas visuais

js_element_orange
VOCES QUE REPRESENTAN PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 de Outubro do 2005

ImageVOCES QUE REPRESENTAN

Moncho Fernández Leal

Neste mes vaise celebrar en Salamanca a reunión anual de xefes de estado e de goberno que responde ao nome de Cumio Iberoamericano. Tendo a convicción de que tan importante é na teoría que todos os estados representados teñan profundas e proveitosas relacións, coma que na práctica son inoperantes, hai, non obstante, que matizar.

A América Latina e indíxena é o territorio onde máis se están a vivir situacións, que van, a modiño, dando froitos de cambeo. En Brasil hai un importante debate que vai máis alá das corrupcións. A propiedade da terra é o referente. En Uruguai goberna por primeira vez unha forza da esquerda. En Ecuador e Bolivia hai organizados movementos indixenistas que teñen moita forza. En Arxentina xa aprenderon que cousa é o neoliberalismo......

Pero hai, de xeito especial, dúas realidades que non nos poden deixar indiferentes: A Revolución cubana e o proceso bolivariano de Venezuela. As agresións que sofren por parte de EE.UU.que, namentres, é incapaz de evacuar á súa cidadanía nas catástrofes, son continuas no económico e permanentes nos medios de comunicación. Pero o mundo, tamén nese réxime, non é unipolar.

Así coma na II República española, Viet Nam ou na Nicaragua sandinista, movementos internacionalistas fan escoitar a súa voz.

O sábado 15 de outubro haberá en Salamanca unha manifestación e un acto cultural de apoio a Cuba e Venezuela. Pola amizade dos pobos, por tanto, contra o imperialismo, que segue a existir, aínda que non se nomee nunca nos telexornais.

Quen consideramos que non estaremos representados coma nación nese Cumio, tamén sabemos que, ao menos, as delegacións de Cuba e Venezuela si estarán a falar por nós en tantas cousas que comparten os pobos e as xentes deste ameazado planeta.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.