topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3481902

Alternativas visuais

js_element_orange
Bulldog e Mastín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Novembro do 2007

Gustavo Luca

Gustavo Luca

Amparados pola noite, cerrados nos tanques e coas luces apagadas, os mercenarios británicos que ocupaban Basora dende a invasión armada de abril de 2003, fuxiron da xoia de Oriente en marcha compacta para evitar ataques da Resistencia.

Dando exemplo de responsabilidade e autoridade, a Resistencia ordenou as súas tropas non facer uso das armas contra a procesión en retirada dos fanáticos cristiáns da bandeira da cruz de San André, o mesmo pavillón das tropas coloniais que invadiran estas terras en 1918.

"Por fin nos damos safado deses ladróns asasinos" comentaba un dos veciños da Venecia de Oriente que seguiu a distancia, cunha bandeira iaraquiana na man a fuxida do señorito inglés.

A tropa de ocupación británica estableceu un governo tiránico no Sul de Iraq como aporte para a doma, castración e ladroízo do país decretada polos Estados Unidos. O xefe da banda mercenaria identificada co fachendoso nome de Reximento da Raíña de Lancashire dixo a pouco de chegar en 2003 que os norteamericanos tiñan serios problemas en Bagdad porque descoñecian a historia e a cultura do Iraq e que pola contra eles, os británicos, tiñan a delicadeza de levar casco, pucha ou sombreiro en atención a ferocidade previsíbel do combate.

Pouco despois desta arrogante declaración, a tropa mercenaria matou a golpes na cadea de Basora a dous heroicos soldados da Resistencia. Para evitar que a Resistencia puidese volver trazar os seus combatentes presos, o Reximento da Raíña aplicou o secuestro con desaparición como norma.

A pesar da propaganda de cobertura inzada polos depredadores enviados a Basora polo governo de Londres, a unión da Resistencia foi total dende 2003 e a gradación de ataques contra o cuartel dos ocupantes resultou ben medida e plenamente eficaz.

En Basora liberada recordan unha frase que pronuciara Churchill en 1921: "Os iraquianos só valen para fabricar merda". Tamén reparan que os tanques mercenarios, agora en retirada, levan en letras grandes os nomes dos seus modelos, seguramente como emblema de civilización e cultura: Bulldog e Mastiff (mastín).

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.