topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3481903

Alternativas visuais

js_element_orange
Che Guevara e Fidel Castro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 de Novembro do 2007

Moncho Fernández Leal

Moncho Fernández Leal

As reaccións á lembranza mundial do aniversario do asasinato do Che Guevara poden dar unha idea da importancia que ten o comandante de guerrilla cubana e da vixencia da súa figura.

O xornal El país dedicoulle unha editorial que parecía cociñada polos cerebros da cadea de Guantánamo. Na práctica viña a considerar a Guevara un dos responsabeis do terrorismo internacional. Algúns analistas a compararon con outra de hai xusto dez anos onde o ton era, coa ambigüedade socialdemócrata iso si, respectuoso. En todo caso o xornal sacou o banco que todos os medios de grande tiraxe teñen dentro. As cartas recibidas polo xornal en protesta foron, segundo fontes da empresa, as máis numerosas da historia.

O imperialismo empregou moitos cartos en pagar a autoría de artigos e libros que se dedicaron a terxiversar, a fabricar discrepancias, a alcumar de aventureiro tolo e fracasado ao proxecto liberador do lendario internacionalista.

Hai unha historia oficial promovida por Washington que fala en concreto de enfrontamentos entre Fidel e o Che. O descoñecemento nalgún caso e a belixerancia contra a Revolución cubana na meirande parte, fan obviar as cartas cruzadas entre ambos líderes, cando o Che estaba xa clandestino no Congo. Pero a mellor demostración son as derradeiras fotos de Guevara en Cuba, xa mascarado coma home de negocios para entrar en Bolivia, con Orlando Borrego, o seu colaborador no Ministerio de Industria e con Fidel avaliando a súa apariencia.

Fica claro que lembrar a Guevara coma unha aportación clave na análise da situación dos países expoliados leva parello á defensa da Revolución cubana, unha das obras nas que participou e que está aínda vixente. Esa pedra na bota que ten a diplomacia imperial dende hai 48 anos.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.