topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3453868

Alternativas visuais

js_element_orange
O impacto da edificación na economía e no medio natural. (I) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 de Decembro do 2007

Xabier Pérez Davila

Xabier Pérez Davila 

  • 400.000 millóns de euros para os promotores.

A construción de vivendas e infraestruturas é un dos fenómenos máis importantes que se produciron no Estado español nos últimos vinte anos. Importante polo seu peso na actividade económica, pola transformación que produce na paisaxe e polo seu impacto ecolóxico. O artigo Edificación y sostenibilidad en España (1) analiza o impacto do sector desde 1991 e as perspectivas para o futuro.

A edificación produce o 8% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, porcentaxe que acada o 20% se lle sumamos as emisións relacionadas coa xeración de electricidade e calefacción. A cultura e as técnicas de edificación segues a se rexer pola lóxica da dispoñibilidade ilimitada de solo, enerxía, auga, materiais e de asimilación de residuos.

Os factores que permitiron o "boom inmobiliario"foron a demanda real de primeiras residencias para nacionais e inmigrantes, a forte expansión da demanda de segunda residencia, os baixos tipos de interese e os longos prazos dos créditos hipotecarios, a liberalización do solo, o crecemento económico e o aforro familiar. Como consecuencia entre 1991-2001-2004 a poboación creceu un 11%, mentres que a edificación o facía un 31%, as vivendas principais un 40%, as secundarias un 42% e as baleiras un 52% (ver táboa I).

Nestes anos o sector da construción, do que a edificación representa o 76%, achegou investimento e emprego e contribuíu ao aumento do PIB (ver táboa II.). Construíronse 800.000 vivenda anuais, máis que Alemaña, Inglaterra e Francia xuntas. O Estado español ten menos de 45 millóns de habitantes, os outros 3 estados uns 200 millóns.

Para os autores do informe o resultado da febre edificatoria debuxa un "panorama social desolador". Segundo eles nunca houbo tantas vivendas tan caras (os prezos medraron un160%) e ao tempo menos oferta residencial a prezos accesíbeis ou de aluguer. O endebedamento das familias multiplicouse por 4,5 e o risco a medio prazo é importante debido ás hipotecas de xuros variábeis.

O s grandes beneficiarios son os promotores inmobiliarios. Sen contabilizarmos os beneficios obtidos polas reclasificacións do solo a sobrevaloración dos prezos de venda das vivendas estímase en 400.000 millóns de euros entre 1996 e 2004. O endebedamento das familias serviu para que as construtoras obtiven xigantescos beneficios. Estes beneficios permitiron aos empresarios do sector investir en novos sectores como enerxía, entidades financeiras e servizos así como na construción noutros países. Todo un episodio da acumulación de capital no Estado español do que terman as hipotecas das familias traballadoras e a destrución da paisaxe, en primeiro lugar a costeira.

Que ocorrerá nas décadas vindeiras?. O informe compara dous escenarios posíbeis no ano 2021 (ver táboa III). No primeiro (referencia de tendencia), que se considera pouco probábel, a construción continua co ritmo actual. A edificación total incrementaríase un 98% con respecto ao ano 1991 chegando aos 4.300 millóns de m2 útiles. No segundo escenario (cambio significativo) redúcese o crecemento das segundas residencias, baixa o número de vivendas desocupadas e os poderes públicos pulan fortemente a rehabilitación. O stock de edificación total chegaría a 3.600 millóns de m2 , cun aumento respecto a 1991 do 67%.


Táboa I

Ano

Miles de habitantes

%

Edificación total

miles de m2

%

1991

38.872

100

2.194.282

100

2004

43.198

111

2.870.427

131

 

Táboa II. Evolución en %.

Ano

Poboación

Emprego total

Emprego na construción

PIB total

PIB edificación

1995

100

100

100

100

100

2005

111

139

172

202

276

Táboa III. Miles de m2 útiles edificados

Ano

Referencia de tendencia

%

Cambio significativo

%

1991

2.194.282

100

2.194.282

100

2004

2.870.427

111

2.870.427

111

2021

4.300.000

198

3.600.000

167

(1)Luis Álvarez-Ude Cotera, Fernando Prats Palazuelo, Manuel Macía Miranda. Publicado en La Situación del Mundo, 2007. Nuestro Futuro Urbano. The Worldwatch Institute, Icaria Editorial.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.