|
Silvio Falcón Despértome, miro cara arriba e, co medo no rostro, escoito como se repiten, unha e outra vez, uns sóns difíciles de recoñecer pero que, noutros tempos, seguramente, tivera pensado que se tratara dun disparo. Medio durmido, móvome paseniño cara á fiestra, e, de súpeto, vexo unha luz resplandecedora por detrás das cortinas. Pensei na policía, en multitudes de ambulancias. Por iso, din un paso atrás e, recollendo toda a valentía que me quedaba, abrín a fiestra de par en par. Comezaba o ano: eran fogos de artificio.
O home, xeralmente, pouco diferencia entre o festivo e o apocalíptico. E é ben curioso. O 2008 comezou cunhas proclamas apocalípticas no económico (contrarrestadas polas opinións dos gobernos de turno), coa consecución (a ver pra cando) de novas competencias pra Galiza e, sobre todo, coa precampaña electoral. Unha campaña electoral marcada pola sinrazón e a promesa fácil, en tempos difíciles. Sí, está claro: as apariencias enganan. Nin o PSOE está á sacar a súa vena máis federalista repartindo competencias por doquier nin tampouco as chamadas ao patriotismo de Zapatero son froito dun aumento do centralismo nas conciencias de eses que se fan chamar obreiros. Tampouco, por parte do Partido Popular, se quedan cortos. Rajoy tanto fala de primos, como nega o cambio climático, como contradi a Fraga dicindo que "non quero que o matrimonio homosexual sexa matrimonio: debe ser unha unión de feito". ¿Se a efectos legais e xurídicos será o mesmo... Non é unha medida esa de cara á galería? Paciencia, hai que ter. Mentras, o resto dos partidos esfórzanse por facerse cun anaquiño de cota de pantalla nesta pre-pre-campaña bipolarizada. De ERC en Catalunya aínda non sei nada (sobre algo que non sexa o TGV) , pero CiU xa fixo suficiente ruído co tema do AVE, malia que foi máis capitalizado no ámbito estatal polo PP. O BNG está xogando unha carta que nunca xogara, e que segundo as enquisas (Público) deixaríao onde está: con dous deputados (malia a reducción dun deputado pola Coruña). Nestas eleccións comprobaremos se, os galegos, despois do pragmatismo quintanista, votarán como galegos, dunha vez por todas. Se non, habería que mirar de buscar outros camiños... Xa deron o tiro ao aire. Xa comezou a carreira. O que chegue primeiro, goberna o Estado. Deus nos asista. |