topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3609444

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
O propietario de Construcciones Marbar de Tomiño permanece ilocalizable e deixa 56 traballadores na rúa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 de Xaneiro do 2008
O propietario das empresas Construcciónes Marbar, Granitos Tebra, Granite 99 e Promociones Marbar 04, o empresario Manuel Martínez Barros, permanece ilocalizable dende o pasado venres, despois de facer desaparecer toda amaquinaria das súas empresas e deixar na rúa a 56 traballadores.

O grupo de empresas de Martínez Barros era un dos maiores do Baixo Miño, que ademais desta comarca operaba na Cañiza, donde deixa 9 edificios a medio construir que suman unas 300 vivendas. Asi mesmo, no propio pobo de Tomiño deixou sobre dez chalets construidos.

Segundo informou a InfoRosal.com o representante da CIG, Xulio Vicente González, a situación é moi complicada e xa denunciaron o caso a Inspección de Traballo onte a primeira hora, e que a día de hoxe siguen esperando a que apareza na empresa, na que están facendo guarda os traballadores por quendas. Xulio Vicente tamén nós indicou que Facenda está investigando o caso para ver se houbera posibilidade de facer fronte aos salarios dos traballadores con capital ou patrimonio da empresa, aínda que ve poucas posibilidades e afirmou que o máis probable será que teñan que recorrer ao Fondo de Garantía Salarial. Outra posibilidade que apuntou o representante da CIG era o embargo dos bens para facer fronte aos salarios.

Proveedores

Outro dos problemas que xa está a acarrear o peche por sorpresa da empresa é que os proveedors estar percorrendo as obras que tiña iniciadas Marbar e recuperando materiais que serviron recentemente, vendo que a posibilidade de cobro do mesmo é practicamente nula coa situación actual.

Pequenas empresas poden fechar

Xulio Vicente tamén nós apuntou a posibilidade dunha reacción en cadea que podería levar a pequenas empresas de electricidade, fontanería, carpintería e aluminio ao feche, pois algunhas, con 10 ou 12 traballadores, traballaban case en exclusiva para ‘Construcciones Marbar' e que algunha delas, neste momento podería ter traballos para esta empresa pendentes de cobro por valor de até 420.708.47 euros (70 millóns das antigas pesetas).

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.