- “Marbar, queremos cobrar”, foi a consigna máis coreada onte polos traballadores
Os traballadores de Marbar protagonizaron onte en Tomiño unha manifestación organizada pola CIG, dende a nave da empresa en Tebra até a praza do Seixo, diante do concello. Unhas 200 persoas participaron na manifestación, entre os 56 traballadores da empresa, delegados sindicais da CIG e persoas que se sumaron a mesma como mostra de solidariedade.
Na manifestación, que transcorreu sen incidentes e que ia encabezada por unha pancarta na quese podia ler "Nós tamén temos hipotecas e familia que manter. O xefe deuse a fuga co noso diñeiro. Reclamamos o que é noso", a consigna máis coreada foi "Marbar, queremos cobrar". Xa na praza do Xeixo, diante do concello, a manifestación foi recibida polo grupo do goberno municipal e polos empregados municipais, coa alcaldesa, Sandra González, á cabeza, que lle mostrou todo o seu apoio e solidariedade aos traballadores. Tamén se puido ver ao deputado do BNG no parlamento galego, Paz Antón. Seguidamente o Secretario Xeral da Construcción da CIG, Xoán Xosé Melón, dirixíndose aos manifestantes, dixo que nesta primeira semana de conflicto, os traballadores "mostraron estar a altura das circunstancias" e que se dera unha simbiose coa central sindical nacionalista que permitira actuar coordenada e axilmente, da tal forma que nas 24 horas despois do peche da empresa, xa conseguiran a carta de despidemento, que lles permitirá anotarse no paro e cobrar os subsidios dedesmprego. Melón dixo que o sindicato nacionalista xa viña denunciando publicamente que se podería dar esta situación "debido ao boom fictício -castelo de papel, basado en letras e pagarés- da industria da construcción", e pronosticou que se dará máis veces no futuro máis próximo pola crisis inmobiliaria. Asi mesmo lamentou que os traballadores de Marbar tiveran que ser os primeiros en sufrir esta situación, pedíndolles que se mantiveran unidos, como nesta primeira semana, pois o sindicato xa estaba estudiando as situacións de cada un, caso por caso, pois dixo que na maioría dos contratos habia fraude de lei, e que están tratando de seguir a pista do empresario. Así mesmo afirmou que o que se está vivindo en Tomiño servirá de exemplo a outros empresarios, que os fará reflexionar, antes de tomar unha decisión tan tráxica. A continuación, tomou a palabra José Pereira, un dos traballadores afectados, quen se dirixiu aos presentes dando as grazas pola solidariedade amosada por todas as persoas alí presentes, a alcaldesa e aos medios de comunicación, interrumpindo de seguido a súa intervención, visiblemente emocionado. Ver máis imaxes da manifestación. Relacionadas anteriores: |