|
Os traballadores de Marbar asinaron o poder notarial para que os avogados da CIG presenten as reclamacións xudiciais |
|
|
|
|
Martes, 29 de Xaneiro do 2008 |
|
49 traballadores de Marbar asinaron onte pola mañá, en dúas quendas, os poderes notariais a favor dos servizos xurídicos da CIG, co fin de que presente as reclamacións pertinentes diante dos Xulgados do Social.
Finalmente foron 49 os traballadores que dedicidiron presentar as reclamacións, logo de que 6, con residencia na Cañiza e que levaban poucos meses traballando na empresa decidiran non reclamar e non participar nas gardas na nave de Tebra, ao considerar que non lles compensaría economicamente. Os traballadores designaron Procurados para os Xulgados de Tui, Porriño, Vigo e Pontevedra. O representate da CIG, Serafín González, manifestou o seu agradecemento a Notaría da Guarda, pois declinou cobrar os seus honorarios en mostra de solidariedade cos traballadores. Asi mesmo, onte ao medio día tivo lugar unha reunión dos traballadores cun avogado da empresa e con Marcos Martínez, fillo do empresario fugado a pasada semana. Da citada reunión non transcendeu nada do tratado. Relacionadas anteriores: |