topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610259

Alternativas visuais

js_element_orange
A nosa propia estirpe PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Xaneiro do 2008

Marta Dacosta

Marta Dacosta

Nunca poderei esquecer a expresión do meu fillo aquel día. Dalgunha forma sentinme orgullosa del, malia a tristura que me producía a pregunta que me fixo. Chegou batendo os pés contra os chanzos da escaleira, anuncio evidente dalgún conflito infantil.

Cando sentou á mesa, sen mediar palabra, espetoume a súa pregunta: "mamá, por que a miña profesora di que o castelán tamén é a nosa lingua?" O meu fillo estaba enfadado, moi enfadado, realmente sentíase agredido, usurpado dos seus dereitos. Tiña oito anos. Non puiden responder inmediatamente. Comecei por valorar como un neno tan pequeno era quen de sentir a dor da alma ante unha afirmación como esa e como estaba interiorizado no seu ser a súa condición de galego, galego de pleno uso lingüístico. Despois, debín relatar para o meu fillo unha brevísima historia do noso idioma, e unha explicación para esa afirmación propia dun individuo colonizado. Un neno de oito anos entendeu a nosa situación sociolingüística, mais non comprendeu por que hai persoas que se negan a abrir os ollos á realidade e que, na súa cegueira, impídennos a moitos exercer o noso dereito de seguir sendo galegas e galegos. Porque aquí, nesta terra de fragas e penedos, onde o mar nos alimenta e nos leva a vida, as nosas avoas e os nosos avós representaron a realidade para aprendérnola, mantiveron vivas tantas palabras esenciais mentres aprendían o latín do colonizador e fermentaron o pan do idioma á calor da lareira durante séculos de escuridade.

Somos as depositarias do seu legado, se non o mantemos vivo, deixaremos de pertencer á nosa propia estirpe.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.