topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3610279

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Entender PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 de Febreiro do 2008

Silvio Falcón

Silvio Falcón

O mundo político actual está máis que revolto. É totalmente artificioso. Os políticos, ou esas xentes que din ocupar os asentos de representación pública, véndense (cada vez máis; e máis descaradamente) aos intereses de terceiros e, sobre todo, ao espectáculo do márqueting e da imaxe audiovisual que reina no mundo actual. Rara vez chega algún paisano cun mínimo discurso ideolóxico, con ganas de convencer ao que escoita sexa éste ou non da súa cor política. Tempos pasados ensinárannos a aqueles socialistas con chaqueta de pana, a aqueles políticos de rúa que aspiraban a gobernar o Estado. Con isto quero entrar a facer unha reflexión sobre a esquerda.

Dende que Anthony Giddens e a súa Terceira Vía irrumpiron no mundo da política económica socialdemócrata, deixando atrás o keynesianismo e impulsando un modelo socioliberal que mezcla a actuación pública coa pretendida eficiencia económica propia do liberalismo, hai quen só concibe a rúa como o modo de chegar ao poder. Tódolos políticos, son agora, políticos de salón, que cun puñado de asesores deciden ou non crear unha imaxe determinada sobre eles mesmos. Atrás queda a espontaneidade: todo está preparado. Non é pra nada disparatado, logo entón, falar do circo da política.

Políticos como Anthony Blair (reconvertido dito nome nun desenfadado Tony Blair) e Gerhard Schroeder foron os primeiros en desmarcarse da socialdemocracia clásica (keynesiana) e abogar por políticas socioliberais. Pero foron máis alá. Transformaron a esquerda. Eles, e mailo eurocomunismo (que renunciou pra sempre ao réxime internacionalista imposto polos soviéticos trala caída da URSS) foron os responsables de que, hoxe, non haxa esquerdas viábeis. Os Estados Sociais e de Dereito, gracias a deus, tamén limitan os modelos liberais puros, ademáis. Polo que se xenera un modelo bipolar: a un lado, os progresistas, aqueles que por un motivo ou outro cren na transformación social e na igualdade de oportunidades, sexa cal sexa o mecanismo pra acadar ditos obxectivos; polo outro, temos aos conservadores, os chamados neocons que enchense a boca á falar de liberdade mentres propugnan modelos regresivos nos temas sociais e, sobre todo, en todo ao que toca á familia.

Podemos dicir logo que o estado español non se libra, entón, das restriccións que se derivaron da desaparición dun mundo bipolar e das crisis económicas do capitalismo socialdemócrata dos 70. Todo se transformou, a efectos ideolóxicos. Pero, a diferencia, é que non é tan fácil dicirlle a un pensionista que se quere eficiencia económica. Hai que vender a burra, hai que ofrecer rebaixas de impostos ou medidas fiscais á desesperada, xa que non hai modelos teóricos que, partidos como o PP ou o PSOE, poidan defender nun mitin igual que nunha conferencia.

Hai que entender, temos que facer un esforzo. Falemos de neocons e de terceira vía como no seu día falabamos de comunismo, socialismo e liberalismo. Entendamos. Ese é o verdadeiro camiño pra que, aqueles que gobernan, nos deixen de tratar como clientes e nos volten a tratar como electores. Eses electores que, aínda en tempos nos que se dubida deste concepto, son os depositarios da soberanía nacional.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.