topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3609438

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Denuncian presuntas ilegalidades urbanísticas dun concelleiro do PSOE e membro do grupo de goberno da Guarda PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 09 de Febreiro do 2008
Os concelleiros do grupo municipal Terra Galega na Guarda veñen de solicitar do Departamento de Urbanismo, a través dun escrito presentado no rexistro de entrada, un informe técnico e xurídico sobre as presuntas ilegalidades urbanísticas do concelleiro do equipo de goberno, Paulino Rodríguez González.

Terra Galega solicita este informe en base a duas denuncias sobre ilegalidade urbanística presentadas por particulares no mes de decembro de 2007, contra as obras realizadas ao ampara da licenza nº 204/2006 polo concelleiro do PSOE e membro do grupo de goberno, Paulino Rodríguez González, por non axustarse ao permiso concedido e, interpretando os denunciantes que estás serian consideradas "ilegalizables" e terian a categoria de "graves".

Asi mesmo, Terra Galega manifesta que non lles foi comunicado nin teñen recibido documentación que "desmonte ditas acusacións", motivo polo cal solicitan do " Departamento de Urbanísmo, tanto técnica como xuridicamente se emitan os informes de Lei" nos que se deixe claro a situación legal de ditas obras e, de ser ilegais, se dé inicio a apertura de Expediente de Reposición da Legalidade Urbanística e se sigan tódolos pasos sinalados na LOUGA "a fin de proceder a demolición de todo aquelo que esté fora da Lei".

Do mesmo xeito, e amparandose na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, solicitan que se teá ao grupo municipal de TG como parte interesada no expediente e se lle dé traslado de todas as actuacións que se deriven das denuncias.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.