|
O PP da Guarda presenta unha moción contra o canón dixital |
|
|
|
|
Sábado, 16 de Febreiro do 2008 |
|
O Partido Popular no concello da Guarda ven de presentar unha moción, para ser debatida no próximo pleno, en contra do chamado canón dixital.
Na mesma, argumentan que o canón dixital grava indiscriminadamente a todos os cidadáns, só polo feito de ser sospeitosos de poder realizar unha copia suxeita a propiedade intelectual, e igualmente, grava a calqeura usuario da tecnoloxía, dende un xulgado a un estudante, así como outros argumentos que habitualmente utiliza a Plataforma "Todos contra el canón". Finalmente solicita que o Concello da Guarda, como representante de todos os seus veciños e veciñas, mostre a súa adhesión á dota Plataforma, apoiando a quen actúa en defensa de toda a cidadanía e insta ao Goberno para que proceda á derrogación do Art. 25 da Lei de Propiedade Intelectual. |