topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3448832

Quen está conectado?

Temos 1 convidado conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Medio Rural destinará preto de 125 millóns de euros á aplicación do contrato de explotación sustentábel ata 2013 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 de Febreiro do 2008
  • Multiplica por seis a cantidade que se investiu no período anterior 2000-2006 en axudas similares (fundamentalmente as coñecidas como agroambientais).
  • Medio Rural pretende fomentar outro tipo de modelos de produción, de carácter extensivo, e en base ao aproveitamento da terra e do monte para a alimentación do gando e para a plantación de novos cultivos e a diversificación agraria.

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, deu conta no Parlamento galego dunha nova medida impulsada polo seu departamento, o Contrato de Explotación sustentábel, creado para favorecer o desenvolvemento de sistemas de produción viábeis en termos económicos e ambientais; mellorar a renda das explotacións e a xestión do territorio rural; potenciar a produción de alimentos sans e de calidade e contribuír a fixar poboación no medio rural. Durante o seu primeiro ano de aplicación, a Consellaría prevé que se adhiran a esta iniciativa 4.000 explotacións e arredor de 7.500 ao final do período operativo, no ano 2013. Ata entón, o Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza contempla unha partida de 125 millóns de euros para esta medida, unha contía que supera en seis veces a cifra destinada a axudas similares (fundamentalmente as coñecidas como agroambientais) no período anterior 2000-2006, tal e como explicou o conselleiro durante o pleno.

"Conscientes de que, historicamente, as explotacións do noso País recibiron un nivel de axudas directas notabelmente inferior ao doutros países e doutras áreas do Estado, este instrumento pretende compensar e, ao mesmo tempo, recoñecer o traballo dos agricultores e gandeiros galegos tanto na produción de alimentos como no mantemento do noso medio ambiente", salientou Suárez Canal. É por isto, polo que a concesión destas axudas está directamente supeditada ao cumprimento por parte das explotacións de compromisos ambientais ou de benestar animal. Así pois, mediante o Contrato de Explotación Sustentábel, que deberán subscribir os/as titulares de explotación coa Consellaría do Medio Rural, os primeiros adquiren un compromiso de permanencia na actividade, durante un mínimo de cinco anos, e de aplicación de modelos de produción acordes co coidado do medio ambiente, un requisito que variará en función da actividade que desempeñen. A Consellaría, pola súa banda, comprométese a remunerar as explotacións polos servizos prestados ao conxunto da sociedade, orientándoas no deseño de sistemas produtivos viábeis.

En relación coas axudas, o conselleiro lembrou que o prazo de solicitude está aberto desde o pasado día 1 e ata o vindeiro 30 de abril, coincidindo coa convocatoria das subvencións do réxime do pagamento único da PAC.

Contía e tipoloxía das axudas

A Consellaría dispón dun orzamento total de 7.486.591 euros para o financiamento desta iniciativa en 2008, que poderá ser incrementada segundo as solicitudes presentadas. Co fin de que as subvencións non se concentren nunhas poucas explotacións, establécese un importe máximo de 8.000 €/ano para cada unha das dúas primeiras Unidades de Traballo Agrario (4.000 €/ano para as seguintes), cun límite máximo por explotación de 24.000 €. En canto ao importe das axudas canalizadas a través deste Contrato varía en función da orientación produtiva da explotación que contempla as seguintes vertentes:

- Variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética (por exemplo: castes vitícolas autóctonas)

- Control integrado e Produción integrada.

- Agricultura ecolóxica e gandaría ecolóxica. Neste sentido tamén se recollen axudas específicas para a apicultura ecolóxica e para a transición cara a sistemas ecolóxicos.

- Loita contra a erosión en medios fráxiles: cultivos leñosos en pendente ou terraza, e cultivos herbáceos. Apicultura en medios fráxiles.

- Mantemento de razas autóctonas puras en perigo de extinción.

- Utilización dos recursos forraxeiros da explotación: rozado complementario; pastoreo con razas autóctonas; redución da cabana gandeira bovina e ovina por unidade de superficie forraxeira; utilización de sistemas extensivos e sistemas de pastoreo na alimentación en explotacións de produción de leite e de cebo de rumiantes.

- Conservación do medio físico en zonas de prados e pastos en Rede Natura 2000.

Entre os criterios de priorización, terase en conta, por primeira vez, utilizar superficie procedente do Banco de Terras, ademais de ser unha explotación de produción ecolóxica, estar integrada nunha zona de Rede Natural, ou en zonas desfavorecidas, e estar rexentada por un agricultor a título principal ou mozo.

Requisitos a cumprir pola explotación agraria

Con carácter xeral, todos/as beneficiarios/as que se acollan a este Contrato terán que cumprir, entre outros, os seguintes requirimentos:

- Manter a actividade e os compromisos durante cinco anos.

- Obter unha determinada porcentaxe de ingresos da profesión agraria.

- Levar un caderno de explotación para o control dos compromisos.

- Cumprir requisitos relativos á saúde pública, sanidade animal e vexetal, medio ambiente, benestar animal e condicionalidade.

- Controlar a existencia de biomasa vexetal na superficie forestal da explotación nos termos da Lei 3/2007 de 9 de abril, de prevención de incendios forestais de Galiza.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.