topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3454126

Alternativas visuais

js_element_orange
A Concellería de Mocidade organiza unha campaña para coñecer as preferencias da xuventude de Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 de Febreiro do 2008
  • Cursos de Tradicción Oral e parapente, destacan na programación do 2008

A Concellería de Mocidade de Tomiño, que dirixe Xaquín Villadangos Fernández, organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, unha campaña co propósito de coñecer as necesidades de información e preferencias dos mozos e mozas da vila.

A concellaría de Mocidade acordou enviar por correo postal a un total de 3.112 mozos e mozas de 12 a 30 anos, una carta do concelleiro onde se da a coñecer tanto a súa figura como os servizos ofertados pola OMIX. A carta foi acompañada por unha enquisa con cuxos resultados se levará a cabo un estudo sobre diferentes cuestións que afectan á mocidade tomiñesa (lecer e tempo libre, hábitos saudables, ideoloxía, familia, etc.). Unha vez respondidas, as enquisas poden depositarse nun dos tres buzóns colocados para tal fin na OMIX, no IES ou no Centro Goianés.

Dentro do correo enviado pola concellería achegouse tamén unha folla de datos para que a OMIX dispoña do móbil dos mozos/as en caso de realizar campañas colectivas de envío de sms/e-mails con información de interese, e un calendario de actividades cos cursos que se ofertan cada mes.

Xaquín Villadangos explicou que "a Concellería de Mocidade pretende coa participación e aportacións dos mozos e mozas de Tomiño, traballar para ofrecerlles mellores servizos e programas que respondan as súas inquedanzas e necesidades". Para o concelleiro, a iniciativa, aínda que é custosa, "resulta moi interesante xa que posibilita que todos os mozos e mozas coñezan o servizo de información xuvenil e as actividades que se ofertan dende o Concello".

A campaña resulta dobremente nova polos medios de comunicación que utiliza, xa que se basea no uso das novas tecnoloxías, como son o teléfono móbil ou internet. A iniciativa municipal permitirá coñecer as preferencias da xuventude e as súas inquedanzas, e os que contesten, dende a concellería, se lles enviará periodicamente un sms ou e-mail coa información solicitada.

Aínda que a campaña comezou a desenvolverse hai poucas semanas, os organizadores recibiron xa un número considerable de respostas, o que fai pensar no interese e boa acollida da iniciativa por parte da xuventude tomiñesa. Ademais son moitas as persoas que solicitan información á OMIX a través de correo electrónico, teléfono ou de forma presencial. Dentro duns meses realizarase o baleirado das respostas, para obter a información que permita sacar conclusións procedentes da mostra.

Tradición oral e parapente

Entre os cursos e actividades programadas para o 2008 pensando na mocidade sobresaen os de iniciación á expresión corporal e interpretación; control de estrés e ansiedade na época de exames; iniciación ao parapente; maquillaxe teatral; animación de rúa, certame de recolla de tradición oral; bricolaxe, mecánica do automóbil, "skate", pintura, deshabituación tabáquica, masaxe, e un longo etcétera.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.