topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3448901

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
2,8 millóns de euros a axudas para previr os incendios forestais nos montes veciñais de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 de Marzo do 2008
O Diario Oficial de Galiza publicou onte a Orde que regula a concesión de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos montes veciñais en man común de Galiza.

Dotada cun total de 2.857.143 euros, a convocatoria establece tres liñas subvencionables para este este ano: a realización de rozas manuais selectivas, a xestión da biomasa nos montes, así como nas vías e camiños forestais e, por último, a construción de puntos de auga. A superficie mínima por expediente, no caso da primeira liña, será de 500 hectáreas, e de 200 se o ámbito de actuación está dentro dunha zona de especial protección dos valores naturais. En canto ás outras dúas liñas, os solicitantes deberán posuír alomenos 250 hectáreas, ou 100 se se trata dunha zona protexida. Poderán optar a estas axudas os titulares de montes veciñais en man común de Galiza, que supoñen a terceira parte da superficie forestal global, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non se trate de montes consorciados coa administración. Para sumar as superficies mínimas que deben reunir os solicitantes, as comunidades poderán agruparse entre si, coa condición de que sexan lindeiras ou de que pertenzan a un mesmo distrito forestal, e sempre que estean dentro da mesma provincia.

Mediante esta orde, a Consellaría do Medio Rural pretende incentivar economicamente as comunidades de montes para implicalas na loita contra os incendios forestais e na valorización integral dos montes galegos. Os traballos subvencionables deberán realizarse en coordinación co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, dependente da Dirección Xeral de Montes. No caso das rozas manuais selectivas, procurarase crear zonas de descontinuidade en materia de combustible vexetal no monte, de xeito que se reduza o risco de propagación de calquera lume forestal. En canto á xestión da biomasa, a orde contempla a realización de rozas mecanizadas en devasas, así como de faixas auxiliares, nos dous metros que rodean as vías ou camiños forestais. E, respecto aos puntos de auga, deberán situarse en zonas estratéxicas para a defensa de núcleos de poboación e das masas forestais, sendo totalmente accesibles aos medios do SPDIF. Deberán, así mesmo, contar con dispositivos que permitan a carga aos vehículos motobomba, cun peche perimetral de seguridade e cunha zona arredor libre de vexetación de, polo menos, 15 metros. Ademais, o beneficiario deberá manter operativas estas infraestruturas para a prevención e loita contra os incendios durante un período de 20 anos.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o vindeiro catro de abril de 2008.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.