|
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a Asociación de "Mulleres Camiña con Nos", organiza unha mostra fotográfica coa que quere honrar a memoria das mulleres.
A mesma se inaugurará o 8 de marzo ás 20 horas no Centro Cultural. A mostra recolle imaxes desas mulleres emblemáticas, Mulleres con maiúsculas, as que poboaron cada aldea nos anos de fame, as que foron capaces de fortaleza cando a guerra dividiu, as que se mantiveron en pé cando a emigración as desposuíu de fogar, as enganadas, empobrecidas, abandonadas, silenciadas. Esas mulleres invisibles que xestionaban a casa, a familia, a explotación, a miseria. As máis emblemáticas, as que non aparecen nos libros, nin se lles coñece o nome, aquelas das que nos compracemos porque tráxicas, valentes, talentosas, intelixentes, abnegadas, nos educaron co seu exemplo de fortaleza e loita, esas mulleres galegas ou non, que foron e son a columna dá nosa sociedade. |