|
A Comunidade de Montes Veciñais de Mougás organiza unha serie de Charlas informativas no Centro Cultural de Mougás, que se desenvolverán durante o presente mes de marzo e o de abril, sobre usos do monte, aproveitamento, parques eólicos, programa Leader.... A seguir, deixamos o programa completo de charlas.
Sábado 8 de marzo ás 19:00 h "Charla informativa parque eólico ALBARIÑO I" a cargo de persoal técnico da empresa Eurovento. Sábado 15 de marzo ás 19:00 h "Historia dos montes veciñais en man común" a cargo de Xosé Carlos Morgade, historiador e membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 22 de marzo ás 19:00 h "A multifuncionalidade dos montes veciñais en man común" a cargo de Alberto Lema Couso, membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 29 de marzo ás 19:00 h "Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal" a cargo de persoal do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA. Sábado 5 de abril ás 19:00 h Pendente de confirmación. Sábado 12 de abril ás 19:00 h "O parque eólico da Serra da Groba" a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba. Sábado 19 de abril ás 19:00 h "A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013", a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes. Sábado 26 de abril ás 19:00 h "O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en man común" a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor. |