|
Anabam presenta o libro “Antes y ahora” do doctor Emilio Rolán Mosquera |
|
|
|
|
Mércores, 12 de Marzo do 2008 |
|
Nun acto organizado por Anabam, o vindeiro venres día 14, ás 20:15 horas, no local da mencionada asociación, sito na rúa Calvario, 44-baixo, da Guarda, terá lugar a presentación do libro 'Antes y Ahora', escrito por este médico, biólogo, investigador e experto mundial en Malacoloxía (cunchas mariñas). A obra sorprénde porque sae da súa habitual temática e paixón para rememorar tempos e vivencias de cando era rapaz e comparalas cos tempos dos rapaces de hoxe.
O Doctor Emilio Rolán Mosquera, naceu na Guarda. Nesa vila estivo desempeñando os seus labores como médico-pediatra nos seus primeiros anos, para finalmente establecer a súa consulta en Vigo. A pesares disto, nunca se desvinculou da Guarda, nin do Baixo Miño, a onde acode prácticamente tódolos fins de semana e nas vacacións. Non dubidando en colaborar, sempre que pode, nos actos para os que é solicitado. Dende hai case que 20 anos é membro de Anabam, prestando sempre o seu incondicional apoio a esta asociación. O Doctor Rolán estará presente neste acto de presentación do seu libro. Anabam convida a tódalas persoas que o desexen, a acudir a esta cita cultural |