topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3453879

Quen está conectado?

Temos 2 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Continua a programación do Play-Doc con varias proxeccións, un foro documental e o primeiro concerto PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 de Marzo do 2008

Entre outras, ás 16.30 proxéctase “Radio la Colifata” de Carlos Larrondo

Play-Doc encara os tres días máis fortes do festival onde se agarda a maior presenza de público, e onde ás proxeccións súmanse as actividades paralelas: concertos, clase maxistral, e foro documental. Máis de mil persoas pasaron por Play-Doc até primeira hora da tarde de hoxe xoves.

As proxeccións arrincan das 12.30h con "Espidos" o primeiro dos documentais de animación que se proxecta. Trátase dunha serie documental animada, descarada e actual, na que nenos de 10 a 13 anos contan historias, persoais e divertidas, sobre os cambios que os seus corpos están sufrindo. Neste capítulo, Ilham de 13 anos, fala da menstruación.

Nesta mesma sección proxectarase "Teño medo" da realizadora polaca Karolina Bendera, que forma parte da sección de Violencia de Xénero. O documental narra a traxedia Aniela e o seu fillo Chris, xunto á súa loita sen tregua por recuperar a súa dignidade.

Pola tarde, ás 16.30h chegará "LT22 Radio La Colifata" que compite na sección de documentais galegos. O seu director Carlos Larrondo,que estará en Tui para presentar o documental, achéganos a historia desta emisora que emite desde os xardíns dun psiquiátrico de Bos Aires. Precisamente unha marca de refrescos escolleunos para protagonizar a súa última campaña publicitaria.
A sesión das 18.30h ofrécenos dúas proxeccións: o documental animado "Camuflaje" que explora a experiencia dun neno crecendo xunto ao seu pai esquizofrénico e "Non che enfades, pero..." un documental que plasma o amor como o xeito de dar sentido á existencia.

"Jimmi Rosenberg: o pai, o fillo e o talento", ás 20.30h, abre a proxección de documentais de música abordando a historia de Rosenberg que nos seus primeiros anos foi considerado o sucesor de Django Reinhardt polas súas habilidades musicais.

E para rematar ás 22.30h complétase o ciclo "A fabulosa arte de sobrevivir" de Lech Kowalksi con "Pola autoestrada de Hitler".

Marta Andreu fala de "O documental de creación, formas de mostrar o cine do real".

Ás 17h, na Aula Play-Doc terá lugar un Foro Documental a cargo de Marta Andreu que falará sobre "O documental de creación, formas de mostrar o cine do real".

Marta Andreu é Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra e ten un Máster en Documental de Creación polo IDEC / Universitat Pompeu Fabra. Participou diferentes producións documentais e desde 2001 coordina o Máster en Documental de Creació da Universidade Pompeu Fabra (IDEC-UPF).

Esta charla vai dirixida sobre todo a profesionais, realizadores e estudantes. Na mesma tratará a distribución dos produtos audiovisuais. A entrada é libre ata completar o aforamento.

Primeiro concerto Play-Doc: The Rosenberg Trío

Pola noite, a Sala Metropol acolle o primeiro dos concertos de Play-Doc 2008. The Rosenberg Trío actuará a partir das doce e media da noite. Serán precedidos por unha sesión de Erro Vídeo. A entrada custa 10€, póndose á venda media hora antes do concerto.

Os Rosenberg criáronse rodeados de música do mesmo xeito que a maioría dos nenos nados dentro da tribo dos Manouche. O Gipsy-Jazz (Manouche-Jazz ou Jazz Xitano) recibiu o seu gran impulso grazas ao manouche máis coñecido, o lendario Django Reinhardt un dos guitarristas máis influentes do século XX.
Nese ambiente, e con só 10 anos, Stochelo, o maior dos tres, xa deixaba atónito a quen o escoitaba tocar a guitarra. Ao pouco tempo funda cos seus curmáns, Nonnie e Nousche, The Rosenberg Trio (1980)

En 1989 o Trío tocaba no Festival Django Reinhardt e foi alí onde Stochelo foi bautizado co título do Sucesor de Django Reinhardt.

The Rosenberg Trio deixaron a súa pegada en grandes escenarios e festivais: Festival de Jazz de Montreal, o de Xapón, no Carnegie Hall en Nova York, ou no Rose Bowl dos Angeles, e tocaron en directo con estrelas da talla de Stephane Grapelli e Jan Akkerman, ou acompañando a figuras tan recoñecidas como Shirley Bassey, Luciano Pavarotti ou Randy Crawford entre outros.

Para Play-Doc supón toda unha honra poder compartir co seu público o impresionante talento destes tres músicos.

The Rosenberg Trio acompañan ao documental "Jimmy Rosenberg: the father, the son & the talent" que se proxectará hoxe ás 20:30h.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.