|
Siniestro Total protagoniza o segundo concerto de Play-Doc |
|
|
|
|
Sábado, 15 de Marzo do 2008 |
|
Os Siniestro Total sóbense hoxe á noite ao escenario da Sala Metropol para ofrecer un concerto dentro de Play-Doc. A cita comeza ás doce e media da noite. Serán precedidos por Error Vídeo. As entradas teñen un prezo de 10€ e poranse á venda ás 10 da noite.
Dos devanceiros do rock and roll, Siniestro Total roubaron o estilo, que non o xénero. Das corredoiras da Cultura Popular, escolleron escoitar o ruído de fondo, que non o ouropel da farándula. Da retranca galega, decidiron asumir o sistema operativo, que non a carallada anecdótica. Siniestro Total e Mikel Clemente non son dos que lle fan reverencias á tumba de Elvis, se non á de Jack Griffin. Pode que sexa polo accidente de Beiramar en Vigo en 1981 de onde ven o nome da banda. Ou pode que non. O caso é que o rock and roll, aínda que non morreu, semella que fede máis do que cabería agardar. A cabalo entre dous milenios, a Cultura Popular globalízase -énchese coma un globo- tanto que pode estoupar coma un foguete en calquera momento. Na Festa do Fin do week-end de Occidente convén ter claras dúas cousas: a.) o divertido é o oposto do aburrido, non do serio; b.) agora xa está, Mariquiña non chores. "Que pareza un accidente!", di o mafioso aos seus compinches. "¡Non, ho!", di o emigrante galego de New Ark, "mellor facemos como que a cousa ten o seu aquel, non sei, deixando un anaco de encaixe de Camariñas no cadáver, por exemplo. ¡Que o poli listo do NYPD sospeite que foi cousa nosa pero non o poida demostrar...!" Siniestro Total non ten dúbidas ao respecto. Xa o dicían os de Rompente: o ruído é moi malo de lavare. |