topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3471936

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Afectados polo caso “Marbar” da Cañiza crean unha asociación para reivindicar os seus dereitos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 de Marzo do 2008
Os afectados do Edificio Centro da Cañiza, reunidos unha vez máis o sábado pasado, decidiron crear unha asociación de afectados para pór fin á falta de luz nos pisos e zonas comúns, que desde fai xa dúas semanas vén preocupando aos propietarios.

Intentarán, como asociación, chegar a un acordo coa empresa encargada de fornecer luz para que dean luz ao edificio, xa que está disposta a pagar a luz consumida para poder vivir dignamente nas vivendas.

Anteriormente, xa se puxeron en contacto coa empresa subministradora e coa conselleria de Industria pero aínda non lles deron solución ao problema. O problema abarca a moitos, como un dos escriturados, o cal ten que facer fronte á hipoteca adquirida e "co meu boletín correspondente ninguén me dá luz para vivir no piso". Este propietario ten unha filla pequena e ten a sorte de ter a un familiar que lle acolla mentres non se soluciona o problema da luz.
Outros accedían á compra da súa vivenda por primeira vez e agora están pensando en buscar un aluguer. "Teño os mobles postos, a cociña xa comprada e agora teño que pagar esa cociña e aínda non podo gozala", comenta outro dos afectados.

A asociación só pretende que durante o tempo que dure o procedemento concursal, os propietarios que o desexen poidan habitar as súas vivendas, polo que non dubidarán en tomar todas as medidas oportunas para conseguir luz en zonas comúns e nos pisos de cada afectado, xa que moitos deles non teñen familiares que lles poidan acoller ou a posibilidade de pagar un aluguer ao mesmo tempo que seguen pagando os créditos dos pisos.

Por este motivo instan aos organismos públicos para que medien no conflito e déanlles algunha solución. "Creo que non pedimos nada imposible, só poder ter os medios necesarios para ocupar as nosas vivendas", comenta o presidente da asociación, e á vez sinala que "se as administracións públicas ou calquera ente privado quere axudarnos ou porse en contacto connosco poden facelo na dirección do edificio "Asociación Afectados Edificio Centro", R/Fachendosos Enríquez, 1. 36880 A Cañiza (Pontevedra)".

Como primeiras medidas de forza, a asociación dá a coñecer o seu estado a través de pancartas que colgan nos balcóns do edificio con mensaxes como "Escriturado e sen luz. Solución xa", "Non temos luz. Solució".

Nas seguintes semanas volverán porse en contacto coas administracións, a empresa subministradora e mesmo co goberno local do concello da Cañiza, para que lles dean unha solución.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.