topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3453783

Quen está conectado?

Temos 2 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Máis de 7.200 persoas asistiron a cuarta edición do Play-Doc PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 de Marzo do 2008
  • O festival de documentais de Tui tivo 5.656 espectadores, e os concertos moveron a 1.600 persoas
  • O Concelleiro de Cultura felicita aos organizadores de Play-Doc polo éxito da cuarta edición

 

O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, pechou a súa cuarta edición cunha asistencia de 7.256 persoas, sumando os 5.656 espectadores que acudiron ás proxeccións e as 1.600 que estiveron nos concertos. Estas cifras confirman o seu crecemento progresivo desde a primeira edición, e a súa consolidación no panorama audiovisual.

Tui volveu converterse durante cinco días, desde o mércores día 12 ata onte domingo, nun punto de encontro non só do sector, senón tamén do público como demostran as cifras que superan en 600 espectadores as da edición de 2007.

O xurado destacou a calidade das películas seleccionadas, 26 entre as máis de 600 recibidas, sinalando que ofrecen "unha mirada persoal, sensible e comprometida co mundo que habitan e representan". Play-Doc aposta polo cine do real, sendo un dos poucos festivais en España que se centran nos documentais.

Pero non só de proxeccións vive Play-Doc, xa tamén realiza unha aposta importante pola formación. Marta Andreu, coordinadora do Master en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona impartiu un foro sobre a distribución do audiovisual, e Lech Kowalksi, realizador estadounidense, mantivo durante algo máis de tres horas a máis dun centenar de persoas atentas ás súas explicacións. A todo iso súmase a aposta polos novos realizadores co Maratón Play-Avid.doc.

Dentro das actividades paralelas cabe sinalar tamén os Concertos Play-Doc, que este ano presentaron en Tui a The Rosemberg Trío e aos Siniestro Total. Este último concerto, xunto á estrea do documental "Que pareza un accidente" que resume os seus 25 anos de historia, levantou gran expectación, vendéndose todas as entradas da proxección, onde os compoñentes de Siniestro e o director Mikel Clemente foron recibidos cun gran aplauso. Os dous concertos moveron a 1.600 persoas.

Os directores do Festival explican que asumiron un risco ao proxectar documentais menos convencionais e o público respondeu ben

Sara García e Ángel Sánchez, directores do Festival, amósanse enormemente satisfeitos desta cuarta edición, onde o público volveunos arroupar contribuíndo ao éxito de Play-Doc. Explican que este ano "asumimos un risco ao programar documentais menos convencionais, e o público respondeu ben". Este feito, indican os directores de Play-Doc, "fai que nos reafirmemos na idea de que en ningún proxecto hai que subestimar ao público". Sara García e Ángel Sánchez recoñecen que este ano deron un paso coa proxección de películas menos convencionais e ese, din, "é o camiño que debemos seguir". Teñen claro que tanto neste como en calquera outro proxecto cultural "hai que ser valentes".

Moisés Rodríguez destaca que é a cita cultural máis importante do ano en Tui

"Play-Doc é indiscutiblemente a cita cultural máis importante do ano en Tui" segundo manifesta o concelleiro de cultura da cidade, Moisés Rodríguez. O edil quere amosar publicamente a súa felicitación aos directores de Play-Doc, e a todo o equipo de colaboradores, que durante a última semana traballaron arreo sen horario para que todo saíse ben, coma aconteceu.

Sinala Moisés Rodríguez que o excelente traballo realizado foi eloxiado tanto polos convidados ao festival coma polo propio público, que respondeu de forma extraordinaria a esta convocatoria. A cidade segue así estando a cabeza en número de público nos máis variados eventos culturais, sendo un referente xa non só a nivel local o comarcal, senón tamén galego.

Play-Doc é un evento ao que Tui non pode renunciar e avanza Moisés Rodríguez que dende o Concello seguirán apostando por este festival. Nese senso lembra que para a cuarta edición aportaron 12 mil euros de fondos propios, así coma a infraestrutura da Área Panorámica, nomeadamente do Teatro Municipal, xunto ao apoio dos traballadores do departamento que dirixe.

Moisés Rodríguez quere por último insistir na felicitación a todo o equipo humano de Play-Doc polo traballo ben feito, a implicación, e excelente organización e coordinación demostrada ao longo da última semana.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.