topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3453843

Quen está conectado?

Temos 3 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O vindeiro lúns preséntase o primeiro número da revista “Castellum Tyde” do Instituto de Estudios Tudenses PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 de Marzo do 2008
O Instituto de Estudios Tudenses recentemente refundado na cidade de Tui presentará o vindeiro lúns 24 de marzo de 2008 ás 20,00 horas no Museo Municipal de Tui (antigo convento de San Domingos) o primeiro número da súa revista de estudios “Castellum Tyde” que reune un total de once traballos de investigación realizados polos membro do Instituto. Neste acto contárase coa intervención de Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, que realizará a presentación desta publicación periódica.

O Instituto de Estudios Tudenses foi creado no ano 1991 por un grupo de investigadores sobre a historia de Tui e a súa provincia e ao longo destos anos ten realizado importantes aportacións á vida cultural, tanto a conmemoración do centenario dos Xogos Florais de Galicia, un curso de verán sobre "A cultura castreña a debate", ciclos de conferencias, publicacións, etc. Nos últimos anos, coincidindo coa enfermidade do seu anterior Presidente, Aquilino González Santiso, fora decaindo a súa actividade. No mes de maio de 2007 os membros fundadores do Instituto e un fato de estudiosos da cidade acordaron a súa refundación para continuar levando adiante as finalidades deste Instituto: "investigar, estudar, promover, defender e difundir os valores históricos, artísticos, antropolóxicos, científicos, literarios e culturais en xeral de Tui o o ámbito territorial da antiga provincia tudense".

O seu primeiro obxectivo desta nova etapa era a publicación anual dunha revista que agora sae do prelo. Neste primeiro número da revista "Castellum Tyde" colaboran os membros do Instituto que confian sumar novos colaboradores nos seguintes números da publicación.

Na actualidade o Instituto de Estudios Tudenses conta cunha Xunta Directiva integrada polo seguintes membros:

Presidente: Xoán Martínez "Tamuxe"

Vicepresidente: Marta Cendón Fernández

Secretario: Rafael Sánchez Bargiela

Vocais: Antonio Hernández Matías, José Manuel Hidalgo Cuñarro e Ernesto Iglesias Almeida.

Os restantes membros do Instituto, que está aberto a novas incorporacións de estudiosos e investigadores sobre a cidade tudense, son: Jaime Garrido Rodríguez, Carmen Luisa Corgo Solleiro, Xosé Manuel Suárez Estévez, Juan José Perles Fontao, Francisco Xabier Añoveros y Trias de Bés, Avelino Bouzón Gallego e Jesús Casás Otero.


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.