- Terá lugar o día 25 de Marzo ás 21:00 h. na sede de Ábaco
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” organiza coa colaboración do Foro Galego do Comercio unha Xornada Informativa sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter o Selo de Calidade do Comercio Galego.
A calidade, na súa aplicación nos diferentes contextos dos sectores económicos, é un dos elementos básicos nos que se debe fundamentar unha extratexia empresarial de competitividade. Podemos facer referencia á implantación de sistemas de calidade na industria, ou podemos referirnos aos produtos galegos de calidade certificados, ou tamén da procura da calidade dos produtos galegos. Sexa cal sexa o ámbito no que nos atopemos á implantación da calidade, busca o cumprimento duns estándares que fagan competitivas ás nosas empresas. Neste contexto a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, decidíu traballar pola promoción da calidade e a excelencia no comercio galego mediante a creación dun distintivo propio: calidade do comercio galego. O Foro Galego do Comercio xunto coas asociacións e centros comerciais abertos que o integran organizan un ciclo de Xornadas Informativas sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter O Selo de Calidade do Comercio Galego. O obxectivo é que o comercio mellore, se modernice e se adapte á nova realidade sociolóxica, potenciando as súas características de trato persoal, proximidade e confianza como elementos de competitividade. Trátase de crear unha imaxe que unifique e identifique colectivamente ao noso comercio, en base a parámetros de calidade, dotandoo de valor diferencial. O cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención do Selo de Calidade do Comercio Galego implicará, para aqueles establecementos comerciais que o acaden, dúas vantaxes significativas: Afianzamento dos clientes: O esixente consumidor/a de hoxe en día valora a proximidade, a imaxe atractiva dos establecementos, o asesoramento, o trato personalizado e cercano, a capacidade de resposta dun profesional que coñece os artigos que vende. A consecución do Selo é unha garantía de cumprimento destes parámetros. Valor diferencial dos establecementos comerciais que consigan e adopten o Selo respecto de aqueles que non o adopten. Xa que logo, estamos a falar dun valor engadido que reporta maior competitividade. Día 25 de Marzo ás 21:00 h. na sede de Ábaco - Manuel Lomba, 7 - A Guarda |