|
A concellería de obras acomete varias melloras en Cotro e outros barrios de Tomiño |
|
|
|
|
Luns, 24 de Marzo do 2008 |
|
A Concellería de Obras e Acción Rural, que dirixe Francisco Campo Lago, emprendeu distintas obras en varias parroquias e barrios de Tomiño, coa finalidade de concretar melloras que os veciños viñan reclamando.
No barrio de Cotro, procedeuse a limpar todas as rúas e se está a construír unha rotonda axardinada, onde se instalará un farol de tres brazos que dará maior iluminación á zona. Ademais, habilitouse un sitio para colocar colectores, e se prevé mellorar a zona onde hai un vello parque, reemplazando este último por un novo e creando unha rota a través dunha fonte antiga e tres muíños existentes no lugar. Así mesmo, procedeuse a limpar cunetas en Tomiño, barrio de Santa Rosa; estrada de Barrantes a Rexidouro, realizándose melloras tamén en pistas de Amorín, Forcadela e Figueiró. A maioría das obras emprendidas nos últimos meses, se levan a cabo con financiación municipal na maioría dos casos, e para outras, como a substitución de parques infantís, se está a xestionar subvencións e axudas doutras administracións. |