topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3454119

Alternativas visuais

js_element_orange
Terrorismo en Iraq PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 de Marzo do 2008

Xabier Pérez DavilaXabier P. Davila

Lembremos. Hai 5 anos as bombas comezaban a caer sobre Bagdad. George Bush dera a orde. Os estoupidos preparaban a invasión e ocupación de Iraq. Tony Blair e José María Aznar foran cómplices na organización da barbarie.

Lembremos. Entre 90.000, os cálculos máis conservadores, e 600.000 mortos que contabiliza a revista estadounidense Lancet. Destrución da infraestrutura económica, falta de subministración eléctrica, deterioración da rede de sumidoiros, ruína dun sistema sanitario que era envexa na zona, retroceso dos dereitos das mulleres, aumento do integrismo relixioso...

Lembremos. Non había armas de destrución masiva. Ningunha. Non había conexión entre o réxime de Sadam Hussein e Al Queda. Ningunha. Non houbo participación do estado iraquí nos atentados do 11-S. Mentiras. Mentiras. Mentiras.

Lembremos. Un país asolado. 5 millóns de persoas que foxen da morte cara Siria, Xordania, Libia ... O terror cotián de temer polo fillo que marcha á escola, polo familiar que vai no mercado, por saír da casa.

É sen dúbida a maior acción terrorista deste século. Se houber xustiza entre os humanos, normas e penas iguais para delitos iguais, os seus autores serían acusados, detidos, xulgados e condenados. Por suposto respectando o seu dereito a unha defensa xusta, á protección das garantías xurídicas. Serían procesados por violación do dereito internacional, por crimes de guerra, por aterrorizar un pobo.

George Bush é aínda un estadista, Blair e Aznar gozan de retiros dourados e moi ben pagos. Non, non hai xustiza entre os humanos. Só o rostro espido e desapiadado do poder.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.