|
Obradoiro de Interculturalidade na Guarda |
|
|
|
|
Martes, 25 de Marzo do 2008 |
|
A OMIX e o Programa de educación familiar do Concello da Guarda informan da realización dun Obradoiro de Interculturalidade incluído dentro do programa de formación de voluntariado que se ven realizando durante o pasado ano.
Esta actividade pretende promovela participación activa das/os mozas/os o mesmo tempo que se lles proporciona formación específica en temas de mediación social intercultural ó grupo de voluntarios cos que xa se colaborou. Preténdese formar a un grupo de mozas/os nunha serie de ideas, valores e actitudes saudables e positivas, que fomenten a súa participación activa no concello da Guarda e a súa implicación persoal no contorno no que conviven. O Obradoiro vai dirixido a toda mocidade en xeral interesada en colaborar nun programa de voluntariado, celebrarase no IES A Sangriña durante dous venres en horario de 18:00 a 20:00 hrs. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente na OMIX do concello da Guarda, ou chamando ao teléfono 986614546. |