|
Aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán da Dirección Xeral de Xuventude |
|
|
|
|
Martes, 25 de Marzo do 2008 |
|
A OMIX do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para a inscrición nos Campamentos de Verán que dependen da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.
Os Campamentos desenvólvense por toda Galicia e tamén fóra da comunidade, van dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos e se levan a cabo durante os meses de xullo e agosto. O prazo de inscrición remata o 11 de abril (na OMIX entregaranse antes) Máis información na OMIX ou no teléfono 986614546 |