topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3441657

Quen está conectado?

Temos 3 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O Concello de Tomiño recollerá o cartón dos comercios para mellorar o impacto visual e facilitar o tránsito dos peóns PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 de Marzo do 2008
O Concello organizará a partires de agora a recollida de cartón comercial, coa finalidade de facilitar aos comerciantes a xestión da cartonaxe que producen nos seus establecementos, sen ter que depositala nos colectores da rúa, evitando así a saturación destes.

Coa medida se pretende, segundo explicou o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Santiago Vergara, mellorar o aspecto das rúas, sobre todo no casco céntrico de Tomiño e Goián, "eliminando a existencia ó pé dos colectores, de cartón e caixas que ademais do impacto visual que producen, resultan unha molestia para o tránsito dos cidadáns, xa que moitas veces, desbordan os depósitos".

O servicio consistirá basicamente nunha recollida periódica do cartón comercial en todos aqueles establecementos que se adhiran a este servicio, sen que isto teña para eles custe económico algún, xa que a recollida de cartóns está incluída na nova concesión do servicio outorgada á empresa Urbaser.

O pasado día 11 de marzo, saíu publicada no BOP a nova Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria, que comezará a pórse en práctica en breve.

Esta ordenanza regulará tamén, por primeira vez en Tomiño, a colocación de colectores de obra, cada vez máis frecuentes, e que ata agora carecían de regularización.

Entre os servizos incluídos na nova ordenanza, figuran os de limpeza viaria, que abarcará tamén a limpeza de solares e zonas sen urbanizar de titularidade municipal; un plan específico para a tempada de verán, Nadal e Entroido; a limpeza de pintadas en fachadas, vías públicas, mobiliario urbano, aparcamentos; retirada de carteis e pancartas, e limpeza de mercadiños, mercados (exterior), feiras, festas, actos deportivos, zonas de ocio, etc.

Santiago Vergara Álvarez, explicou que todas estas melloras faranse dentro dunha política de contención do gasto, o que implica solo un 20% de aumento no gasto de lixo que non repercutirá no recibo dos veciños.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.