|
Caramuxo Teatro representa hoxe en Tui “Lazarillo” |
|
|
|
|
Martes, 25 de Marzo do 2008 |
|
A obra, dirixida a un público familiar, comezará ás 19h no Teatro Municipal
A Concellería de Cultura de Tui presenta hoxe, 25 de marzo, no Teatro Municipal de Tui á compañía coruñesa Caramuxo Teatro que porá en escena a obra “Lazarillo”. Este espectáculo forma parte da programación do primeiro semestre do ano e fíxose coincidir coa semana de Festas de San Telmo. A cita será ás 19h, e ás entradas poranse á venda dende ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ para os menores de 12 anos.
O clásico "Lazarillo de Tormes" galeguízase nesta proposta de Caramuxo Teatro que leva a acción ao tempo actual. Esta é a segunda vez que Caramuxo acomete a posta en escena deste texto anónimo. Nesta ocasión, baixo a dirección de Juan Rodríguez, presentan unha proposta completa, vistosa e interesante dirixida a un público familiar a partir de 5 anos. O elenco da obra está formado por Xosé Manuel Esperante, Juan Rodríguez e Laura Sarasola que farán gozar ao público durante os 55 minutos que dura esta comedia. |