topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3441663

Quen está conectado?

Temos 3 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Nova Escola Galega celebra a súa XXIV Asemblea Anual PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 de Marzo do 2008

A xuntanza terá lugar o vindeiro sábado 29 no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

A Asociación NEG dará conta aos seus asociados e asociadas das actividades realizadas ao longo do ano 2007 e exporá un novo programa de actuacións para o ano 2008.

A xuntanza inaugúrase con unha exposición que leva por título "Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia", na que se presenta unha publicación baixo este mismo título que contará coa presenza de Felipe Arias, Director Xeral de Patrimonio e Antonio Rial Sanchez, Director do MUPEGA.

Entre a temática a abordar durante a Asamblea darase conta dos numerosos encontros e actividades organizadas pola asociación, arredor de distintos contidos, como a educación para a paz, a educación no medio rural galego, a elaboración de materiais curriculares, as migracións na sociedade actual ou a normalización lingüística.

Nova Escola Galega é un movemento de renovación pedagóxica creado en 1983, que agrupa a perto de 500 profesionais do ensino de toda Galicia preocupados por un modelo de escola pública, democrática, plural, integradora e en galego. Nova Escola difunde desde entón o seu ideario a través de diferentes proxectos, actividades e publicacións. Entre os últimos destacan: Vieiros na escola, en colaboración co xornal dixital Vieiros; e o Proxectoterra en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a elaboración de materiais de educación infantil e primaria; Nova Escola galega edita a Revista Galega de Educación e realiza xornadas e encontros en diferentes puntos de Galicia.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.