|
O vindeiro venres 28 de marzal, ás 18:00, terá lugar no concello de Lalín a II Xuntanza da Plataforma Galega Antitransxénicos, de carácter asambleario e en convocatoria aberta.
Este encontro funcionará, novamente, coma un espazo de achegas ao que poderán acudir tanto colectivos como persoas a título individual, adheridos ou non á Plataforma Galega Antitransxénicos. A Xuntanza terá lugar no local do Sindicato Labrego Galego en Lalín na R/Areal nº 1, 1º Andar. Asamblea en convocatoria aberta coa seguinte orde do día: 1º Valoración do foro "Con soberanía alimentaria, sen transxénicos" celebrado en Euskal Herria os pasados 15 e 16 de marzal. Adega, Amigos da Terra e Sindicato Labrego Galego. 2º Presentación dos documentos elaborados pelas distintas organizacións. Manifesto, tríptico informativo e ILP (mocións que se presentarán aos concellos para solicitar a categoría de "zoa ceibe de transxénicos"). 3º Valoración das propostas de logotipos. Imaxe da Plataforma Galega Antitransxénicos. 4º Deseño do plan de accións da Plataforma Galega Antitransxénicos. 4.1 Distribución do traballo nos concellos nos que hai prevista a experimentación con OXM´s. 5º Elección d@s voceir@s/representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos. 6º Elaboración do protocolo de solicitude de xuntanza cos conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural. 7º Propostas de acción directa. |