topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3442429

Quen está conectado?

Temos 1 convidado conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O concelleiro de cultura tudense mantivo unha xuntanza co Director Xeral de Turismo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 de Marzo do 2008
  • A Dirección Xeral e o concello promoverán un proxecto de posta en valor dos recursos turísticos e culturais do conxunto histórico tudense

 

O pasado martes, 18 de marzo, o Director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Ruben Camilo Lois Calviño, recibiu no seu despacho en Santiago de Compostela ao Concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, quen lle presentou diversas propostas de colaboración en materia de turismo cultural ao responsable da Xunta nesta materia.

En concreto, a intención do Concello de Tui é promover conxuntamente coa Dirección Xeral de Turismo un proxecto de posta en valor dos recursos turísticos e culturais do conxunto histórico tudense. Este proxecto tería como principal elemento a instalación do centro de interpretación deste conxunto histórico a ubicar no edificio do "Carcere vello" e abranguería tamén unha sinalización integral dos monumentos de Tui con especial referencia á catedral así como outras accións complementarias.

Outros temas prantexados polo concelleiro tudense foron a preparación do vindeiro Ano Santo Xacobeo, a celebrar no 2010, potenciando o papel de Tui como punto de referencia no camiño portugués a Compostela con medidas de sinalización e mellora do itinerario, restauración de elementos patrimoniais vencellados ao camiño, creación de itinerario complementarios á ruta xacobea, etc.

Foron abordados no decurso da entrevista asuntos como a inclusión de Tui na liña de publicacións que realiza a Dirección Xeral denominada "Itinerarios histórico-musicais", a mellora da Oficina de Turismo da Xunta en Tui, etc. Por outra banda, o Director Xeral amosou o seu interese en colaborar na realización de cursos de verán na nosa cidade, pois nesa liña veñen traballando con outras institucións e considera que contribuien notablemente á promoción e difusión da nosa localidade.

Ruben C. Lois Calviño expresoulle ao Concelleiro tudense a vontade decidida da Dirección Xeral de Turismo de promover, en colaboración co Concello de Tui, as accións precisas para a potenciación dos recursos turísticos e culturais da cidade de Tui, considerada como un dos principais conxuntos patrimoniais de Galicia e consecuentemente necesitada de accións que a promovan e difundan. O Director Xeral garantizou a colaboración nesta materia e comprometeuse a analizar polo miudo o "dossier" entregado polo concelleiro tudense para en breve prazo enviar una proposta de colaboración ao Concello de Tui.

Moisés Rodríguez Pérez convidou ao Director Xeral a visitar oficialmente a cidade para comprobar "in situ" as necesidades que en materia de promoción e difusión posue o conxunto histórico tudense. Moises Rodríguez valora moi positivamente esta entrevista pois atopou no Director Xeral de Turismo, Ruben C. Lois Calviño, un profundo coñecemento da realidade tudense e unha decidida vontade de colaborar na posta en valor dos recursos turísticos, tanto de caracter cultural como natural, que posue a nosa cidade.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.