topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3442475

Quen está conectado?

Temos 1 convidado conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O PP de Tomiño pide o cese dunha actuación da concellaría de Xuventude PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 de Marzo do 2008
  • Solicita a cancelación e destrución dunha enquisa que está levando a cabo
  • Xaquín Villadangos: en ningún momento na enquisa se piden datos persoais

O Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño, César Pérez Ares, considera que a enquisa que está levando a cabo a Concellaría de Xuventude, que ostenta o Concelleiro do BNG Xaquín Villadangos, incumpre a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Segundo Pérez Ares "A Concellaría de Xuventude enviou a 3112 xóvenes do Concello en idades comprendidas entre os 12 e 30 anos unha carta acompañada dunha enquisa sobre varias cuestións fundamentais, afectando a datos de identidade, domicilio, formación académica, ideoloxía e número de teléfono, entre outras cuestións" e engade que "con esta actuación, o Goberno Municipal de Tomiño entra de cheo no ámbito de aplicación da Lei (art. 2)".

Para o concelleiro popular, a creación, modificación ou supresión dos ficheiros de titularidade pública, deben estar regulados polo artigo 20 da devandita Lei, así como o artigo 44.3.a, o que obriga ao Concello a publicar a disposición xeral que autorice a creación do ficheiro, cousa que esta Concellaría non cumpriu. Ao mesmo tempo, debe cumprir o principio de consentimento do afectado, sobre todo nos menores de 14 anos, que vulnerando o artigo 6 da Lei, non deu intervención e participación aos pais, que exercen a patria potestade, comprensiva dende o dereito a participar nas decisións que poidan afectar aos seus fillos.

Asegura Pérez Ares que moitos pais e nais se dirixiron a el "para mostrar o seu total rexeitamento a este tipo de enquisas, que máis parecen doutros tempos que dos actuais, onde o individuo debe ser protexido no seu ámbito particular".

O Grupo Municipal puxo en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos a actitude por parte desta Concellaría, non descartando outro tipo de medidas de ámbito xudicial.

Na enquisa non se piden datos persoais

Pola súa banda, Xaquín Villadangos, responsábel da área de Mocidade, aclara que en ningún momento na enquisa se piden datos persoais, pois esta é anónima e sobre diferentes cuestións que afectan á mocidade tomiñesa como lecer e tempo libre, hábitos saudables, ideoloxía, familia, etc.

Precisa o concelleiro nacionalista que o que si se lle mandou dentro do correo enviado, "foi unha folla de datos para que a OMIX dispoña do móbil dos mozos e mozas en caso de realizar campañas colectivas de envío de sms/e-mails con información de interese, e un calendario de actividades cos cursos que se ofertan cada mes".

Relacionada anterior:
A Concellería de Mocidade organiza unha campaña para coñecer as preferencias da xuventude de Tomiño

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.