topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3441722

Quen está conectado?

Temos 2 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O goberno tomiñés leva a pleno este venres a cesión do edificio para a posta en marcha da Galescola PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 de Marzo do 2008
  • O centro educativo situarase no antigo centro médico de Goián

O goberno de Tomiño levará a pleno este venres unha proposta da Alcaldía que contempla a cesión dun edificio municipal para a posta en marcha da futura galescola.

A sesión, de caracter extraordinario, celebrarase de forma excepcional, o vindeiro venres ás 11 da mañá, debido a imposibilidade de facela pola tarde, como ven sendo habitual, debido a unha viaxe da alcaldesa a Bruxelas.

O edificio obxecto de cesión é o mesmo que ata hai pouco tempo funcionaba como centro médico, situado no lugar de A Calle, na parroquia de Goián. Segundo a proposta da Alcaldía, o goberno tomiñés cederá ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha finca de 1.830 metros cadrados, un edificio de dúas plantas e un galpón. A cesión terá un prazo de 25 anos prorrogables por igual período.

A futura galescola de Tomiño virá a completar a oferta de prazas que ten na actualidade a escola infantil municipal "Buxaina".

As Galescolas son centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos, xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega, ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.



 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.