|
Aberto o prazo para a recollida de suxestións sobre o inventario de camiños municipais de Tomiño |
|
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo do 2008 |
|
Hai unhas semanas o goberno de Tomiño celebrou unha serie de reunións informativas cos veciños nas diferentes parroquias da localidade, co fin de proceder á revisión do actual inventario de camiños municipais e de subsanar os errores existentes no mesmo, promovendo así unha maior participación cidadá e transparencia no proceso.
Tal como estaba previsto, tralas reunións informativas, o inventario quedou exposto durante algunhas semanas co fin de que os veciños/as fagan as alegacións e suxestións que consideren oportunas. Nas vindeiras semanas, un técnico recollerá estas alegacións polas distintas parroquias, co propósito de incorporalas logo ao inventario. A recollida de suxestións se levará a cabo en horario de mañá (10 a 13:30 horas) e tarde (16 a 19:30 horas), segundo o seguinte calendario: 26 de marzo: Taborda (local terreiro festa en Pazo) 27 de marzo: Currás (centro cultural) 1 de abril: Tebra (Sta. María) (centro cultural) 2 de abril: Tebra (San Salvador) (antiga escola) 3 de abril: Piñeiro (centro cultural) 4 de abril: Barrantes (baixo do pavillón) 7 de abril: Vilameán (centro cultural Perpetuo Socorro) 8 de abril: Pinzas (centro cultural) 9 de abril: Tomiño (salón de plenos) 10 de abril: Sobrada (pavillón) 14 de abril: Amorín (centro veciñal) 15 de abril: Estás (centro cultural) 16 de abril: Goián (Centro Goianés) 17 de abril: Figueiró (centro cultural) 21 de abril: Forcadela (local terreiro da festa) O inventario, coas correccións, será exposto novamente para comprobar que é correcto, antes da súa aprobación. A medida, permitirá corrixir erros e omisións na representación dos camiños da vila, aínda que non vai supoñer que se abran novas vías.
|