topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3454138

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
As rutas do viño de Galiza favorecerán a proxección comercial das denominacións de orixe e porán en valor a singularidade cultural e paisaxística de cada zona PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 de Marzo do 2008
As consellarías do Medio Rural, Innovación e Industria e Cultura apoiarán a creación de novas rutas do viño orientadas a dotar de recursos complementarios a actividade produtiva vitivinícola.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, explicou en comisión parlamentaria que a denominación "Rutas do Viño de Galiza" consistirá na integración dos recursos e servizos turísticos de interese nunha zona vitícola, presentados dende a autenticidade e a vocación vivencial, co fin de construír un produto a partir da calidade e identidade do destino, optimizando a comercialización conxunta, o nivel de satisfacción da demanda e o desenvolvemento socioeconómico integral do territorio. Formarán parte os concellos, adegas, aloxamentos, restaurantes, enotecas e tendas de viño, miradores, museos, oficinas de Información, monumentos e servizos de formación como degustacións ou cursiños de cata, entre outros.

Coa creación destas rutas do viño preténdese o aproveitamento do valor engadido que ofrecen os caracteres xeofísicos e humanos, irrepetibles e inexpropiables que configuran a calidade personalizada do viño; contribuír ao desenvolvemento integrado do medio rural no que se incardina, aproveitando as sinerxías existentes entre as diversas producións; mostrar e proxectar a cultura da zona como expresión da evolución histórica das relacións entre unhas sociedades e o seu medio, concibida coma un ente dinámico en cambio constante.

Entre as condicións xerais para formar parte das rutas do viño figurarán estar situada dentro do ámbito territorial definido pola entidade "Rutas do Viño de Galiza", dispór dun órgano xestor (nas fases iniciais de carácter provisional) con representación de todos os estamentos implicados, dispór dun proxecto xeral da ruta que inclúa a definición precisa dos itinerarios comprendidos na ruta, con indicación de orixe, paradas e finalización e establecementos á visitar; deseño de visitas guiadas, acreditando a disposición de personal en cantidade e cualificación axeitadas; no caso de instalacións que teñan restaurantes asociados (casas de turismo rural, museos, adegas, etc...), deberan especificarse con absoluta claridade as súas características e condicións económicas; no caso de establecementos hostaleiros, deberán especificarse con claridade cartas e viños con DO que incorporan nelas, así coma o prezo dos mesmos.

Ademais, realizarase un estudo xeral de viabilidade da ruta e dos itinerarios comprendidos e mais un proxecto de sinalización da ruta, de acordo coas normas xerais establecidas pola entidade "Rutas do Viño de Galiza".

As actividades subvencionables dentro das "Rutas do Viño de Galiza" consistirán na realización de inventarios de recursos dispoñibles e de estudos de viabilidade, tanto da propia ruta como dos itinerarios nela comprendidos; recuperación, restauración ou rehabilitación de elementos da arquitectura "culta" (pazos, rectorais, casas grandes....) ou popular, conservación da viticultura tradicional (adegas, castes, sistemas tradicionais de conducción e poda....) e dos recursos naturais e paisaxísticos, entendidos como expresión viva da evolución histórica das relacións dunas sociedades co seu medio natural. Entrarán tamén na convocatoria a creación de museos, centros de interpretación, monumentos alegóricos, a sinalización da ruta, a creación e desenvolvemento de programas de formación e acreditación de guías turísticos, así a formación do persoal dos establecementos incluídos.

Apoiarase ademais a elaboración de programas de promoción da ruta a todos os niveis (campañas, catálogos, páxinas web...), incluirase a ruta en distintos organismos (Turgalicia, Rutas do Viño de España...) e á certificación da ruta. Ofrecerase apoio nas distintas festas de exaltación de productos gastronómicos locais incluídas dentro da ruta, na percura da súa promoción sinérxica cos demais elementos integrantes, incentivarase o mantemento e conservación das infraestruturas viarias da ruta, con apoio a actividades complementarias (rutas de sendeirismo, etc...) e ofrecerase asistencia a actividades de interese formativo (exposicións, xornadas, congresos....) a efectos de coñecer e valorar a posible adaptación das experiencias doutras zonas enoturísticas.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.