|
Trocos no programa de Charlas informativas marzo/abril 2008 no Centro Cultural de Mougás |
|
|
|
|
Venres, 28 de Marzo do 2008 |
|
Achegamos de novo o calendario de Charlas informativas que se van realizar no Centro Cultural de Mougás, por terse modificado algunhas das previstas inicialmente.
Próximas charlas: "O parque eólico da Serra da Groba" a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba. "Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal" a cargo do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA. "Plan acuícola da XUNTA" en especial referencia as prantas de As Mariñas-Mougás e As Orelludas-Pedornes, a cargo de persoal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) "A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013", a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martinez, presidente da Organización Galega de comunidades de montes. "O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en man común" a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martinez, presidente da Organización Galega de comunidades de montes e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor. NOTA: estas charlas poden cambiar de data e hora por motivos de axenda dos conferenciantes. Anterior relacionada: Charlas informativas no Centro Cultural de Mougás |