topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3454094

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
O Centro Coreográfico Galego ofrece en Tui obradoiros de Danza gratuítos PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 29 de Marzo do 2008
A inscrición débese facer do 1 ao 4 de abril O Centro Coreográfico Galego, coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui, vai ofrecer na cidade obradoiros de danza gratuítos para divulgar a danza contemporánea entre o público galego.

Esta actividade precederá a representación en Tui do espectáculo "O Kiosco das almas perdidas" dirixida por Roberto Oliván, con música de Mercedes Peón e a colaboración doutros artistas galegos.

Con estes obradoiros o público en xeral entrará en contacto cos códigos da danza contemporánea, posibilitando un achegamento puntual á peza programada e propondo un vocabulario básico que permita comunicarse co imaxinario creativo de Roberto Oliván.

Os obradoiros de danza celebraranse entre o 26 e o 30 de abril, cunha duración que durará entre 1 e 2 horas, dependendo do colectivo, e en horario a concretar entre os participantes, cun máximo do 20 alumnos por clase. Para participar non existe ningún límite de idade.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros de danza contemporánea débense inscribir no Departamento de Cultura do Concello, ou no 986.60.36.25 ext. 6 do 1 ao 4 de abril en horario de mañá.


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.