topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3481923

Quen está conectado?

Temos 1 convidado conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Excelente acollida da primeira edición da Festa da Anguía en Tui PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 de Marzo do 2008
Chema Figueroa, en representación da Deputación de Pontevedra, e Antonio Fernández Rocha, Alcalde de Tui, foron os responsables de inaugurar onte a mañá a I Festa da Anguía na rúa Compostela en Tui.

A primeira edición desta cita gastronómica contou cunha excelente acollida por parte do público que degustou ás 2 mil racións que se puxeron á venda ao prezo de 10€. Foron servidas nunha góndola de barro conmemorativa e acompañadas de viño Señorío de Rubiós en taza conmemorativa.

Entre as autoridades destacou a presenza dos membros da corporación municipal de Tui, dos Alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, do Alcalde da Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas, do Alcalde de Salceda, Marcos Besada, o tenente Alcalde de Tomiño, Jesús Castiñeira, e o voceiro do PSdG-PSOE de Oia, Jose Antonio Olmedo, entre outros.

Todos coincidiron en sinalar o acerto desta convocatoria, e do cambio do produto que deste xeito pasa a ser un festexo popular. Moitos deles era a primeira ou segunda vez que probaban a anguía e gabaron a excelente preparación realizada polo equipo do restaurador Jorge Lorenzo.

O público deuse cita tamén baixo a carpa instalada na rúa Compostela para disfrutar desta nova preparación, e sinalaron que polo prezo esta si é unha festa popular.

Dadas as excelentes características da anguía e o acertado da súa preparación parece claro que esta festa contribuirá a potenciar este produto gastronómico, que decaera nos menús nos últimos anos, e que é un recurso máis do río Miño.

Moisés Rodríguez, Concelleiro de Cultural, valorou ao remate da festa, a excelente acollida que o público brindou a este festexo, o que viu confirmar o acertado do cambio do meixón, pola anguía.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.