- Kogito e U-lo Trío? Estarán o venres e sábado
O venres, Kogito. Un consolidado grupo de dez compoñentes que saen á carreira con ganas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos pés.
Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se mesturan a madurez dos temas cunhas tremendas ganas de festa e de verbena. A banda está formada por Isaac e Nacho (voces), Adrián, Torroso e Miguel (ventos), Rubén (percusión), Saúl (batería), Juan (teclados e guitarra), Valen (guitarra) e Mario (baixo). Todos estes anos pasan por festivais da Galiza ademáis de gañar concursos como o Millarock'06 ou o Foundation Reggae Festival'07. Sera o venres 4 de Abril as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios O sabado, U-lo Trío? é un proxecto musical que nace en 2007 coa intención de explorar un repertorio de variada procedencia adaptado ás formas rítmicas e harmónicas do flamenco moderno. Este inusual experimento xorde da reunión do guitarrista de longa andaina Marcos Teira, un dos poucos practicantes do xénero en Galicia e tamén participante doutros proxectos como Marful ou Narf, con Xacobe Martínez Antelo, un dos contrabaixistas máis activos (Sumrrá, XMA Quinteto, Pin Cirera Legido Martínez, Banda Baliza...) da nova fornada de jazzistas galegos e Pepe Sendón, a cargo das percusións e vibráfono, tamén integrante de Narf e compañeiro musical de Teira en múltiples aventuras. Os concertos de U-lo Trío? sorprenden polo timbre debido á peculiar combinación de instrumentos, polos curiosos arranxos dos temas, con amplo espazo para a improvisación, e pola diversidade de repertorio, que vai desde composicións propias a temas de jazz (Thelonious Monk, Charles Mingus, Miles Davis), rock (John Lennon, Jimmy Hendrix), música brasileira (Heitor Villa-Lobos), cubana (Bebo Valdés) ata a música popular de calquera recanto do mundo (Grecia, Venezuela, etc.). U-lo Trío? ofrece un evento musical diverso e divertido, ás veces calmo e harmonioso, outras, trepidante e arriscado, sempre diferente e aventureiro. Esta formación é o resultado dunha elucubración, que ten como primeira idea aflamencar dun xeito o máis orixinal posible un repertorio non flamenco, escollido de xeito escrupuloso. Baixo esta premisa quérese afondar para poder amosar onde poden chegar as influencias que os tres compoñentes da banda teñen alén do flamenco (Jimmy Hendrix, John Lennon, Heitor Villa-lobos, Thelonious Monk,...) Alén das carreiras persoais dos compoñentes do grupo, éste é o primeiro encontro no que os tres músicos comparten xuntos un proxecto. Sera o venres 11 de Abril as 23 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios. |