|
A Concellaría de Mocidade informa de que está aberto o prazo de inscrición para os cursos do mes de Abril. Este cursos, como todos os que se ofertan dende esta concellaría, son gratuítos e están dirixidos a mozos e mozas de 12 a 35 anos.
Neste mes ofértanse os seguintes cursos: -Programa de deshabituación tabáquica. Comezo o 15 de abril na OMIX. -Xornadas de educación vial. Mércores 30 de abril no IES de Tomiño. -Curso de Malabares. Sábado 12 e Domingo 13 de abril no Campo da Feira. - Curso de Pandeireta. Comezo o 9/16 de abril no Centro Goianés. -Concurso de Pintura (estilo libre). Prazo de entrega dos traballos: 28 de abril. -Concurso de Fotografía "Animalandia". Prazo de entrega dos traballos: xoves 3 de abril. Ademais é importante destacar que xa está aberto o prazo de inscrición na campaña "ACCIÓN VERÁN 2008" da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para os campamentos dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos, e para as actividades ofertadas a mozos e mozas de 18 a 35 anos. O Prazo de inscrición remata o 11 de abril Os interesados en inscribirse, ou en recibir máis información deben contactar coa técnica de mocidade, na OMIX de TOMIÑO (Campo da Feira s/n 36740 Tomiño) Tel/Fax 986 623 304. Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Bases concurso fotografía A Concellaría de Tomiño, no seu desexo de promocionar a pintura entre a mocidade, convoca por vez primeira o PREMIO OMIX de pintura xoven conforma ás seguintes bases: 1. Poderán participar todos os artistas/interesados/as nados ou residentes en Galiza menores de 35 anos. 2. Cada artista poderá presentar unha única obra, datada do ano 2007 ou 2008, que non fora presentada en ningún outro concurso. 3. O tema para concorrer á presente convocatoria e a técnica empregada serán libres. 4. É indispensable que as obras se presenten enmarcadas cun listón de madeira ou similar, sen cristal e en perfecto estado de conservación. O seu formato -sen incluír o listón- non será superior a metro e medio, nin inferior a 50 cm., por calquera dos seus lados. Ao dorso deberá constar autoría (seudónimo), medidas e técnica utilizada. 5. En sobre aparte entregarase unha ficha cos datos persoais acompañada dun breve currículo (máximo un folio), fotocopia do DNI ou da tarxeta de residencia no seu caso, unha fotografía da obra e o prezo da mesma. Ao autor entregaráselle no momento da entrega de peza, un xustificante de participación e un resgardo para retirar posteriormente a obra. 6. A recepción das obras será Na OMIX de Tomiño (Campo da Feira s/n- teléfono/fax 986623304, correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
) As obras admitiranse dende o 7 ao 28 de abril de 2008 en horario de 8 a 15 horas de luns a venres. 7. As obras poderán ser entregadas persoalmente o mediante axencia de transportes. Os gastos de envío e de devolución das mesmas correrán a cargo do concursante. Os organizadores comprométense a poñer o máximo coidado na súa conservación. 8. A organización inaugurará a exposición o 30 de abril e esta estará aberta durante todo o mes de maio. O lugar está por concretar. Esta exposición estará cuberta co correspondente seguro que garantirá o valor das obras polo mesmo importe expresado por cada autor na ficha arriba indicada. 9. O PREMIO. Haberá 3 premios: 1º 250€ 2º Lenzo 3º Xogo de Pinceis 10. O Xurado estará composto por pintores/as da zona e polo Concelleiro de Mocidade. 11. O comunicado oficial do fallo do xurado comunicarase nos medios e mediante chamada telefónica ao/s premiado/s. 12. A organización resérvase o dereito de declarar os premio/s deserto/s. 13. A presentación da solicitude implica a aceptación das presentes bases. |