topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3448687

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Tomiño celebra a V Mostra de Cultivos do Baixo Miño PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 de Abril do 2008

Máis de trinta empresas do sector asistirán á feira durante os días 5 e 6 de abril

A Concellería de Promoción Económica e Xuventude organiza conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño, e coa colaboración da Consellería de Medio Rural, a V Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no pavillón de deportes de Goián (Tomiño).

Á mostra asistirán máis de 30 empresas do sector do agro (17 viveiros de plantas ornamentais, 4 de produtos do campo, 4 maioristas de flor e 6 auxiliares do sector).

O obxectivo principal desta feira é poñer en valor o que se fai no mundo do viveirismo, da flor, da horta e da fructicultura na zona do Baixo Miño e máis, concretamente, no concello de Tomiño. Ademais, preténdese promover acordos empresariais que incrementen as posibilidades de negocio e de exportación, así como a modernización do sector do agro.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado 5 de abril:

12:00 horas: Inauguración da mostra presidida polo Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal), Alcaldesa de Tomiño (Sandra González Álvarez) e Presidente Comisión Organizadora da Mostra (Juan Peixoto Moure).

  • Visita aos diferentes expositores.

  • Visita á exposición fotográfica "A Forza da Terra. Mulleres nas plantacións do Baixo Miño).

16:30 horas: I Xornadas Técnicas sobre a Planta Ornamental no Baixo Miño, a cargo de varios profesionais na materia. Impartirase no Auditorio de Goián a partir das catro e media da tarde. Adxúntase programa.

Domingo 6 de abril: exposición e peche, entre as 11:00 e ás 20:30 horas, respectivamente.

Ambas mañás haberá polbo á feira e vendedores de plantas e produtos de O Rosal fora do pavillón.

Para máis información, pode visitarse a páxina Web da mostra: www.mostradecultivos.eu

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.