|
Máis de trinta empresas do sector asistirán á feira durante os días 5 e 6 de abril A Concellería de Promoción Económica e Xuventude organiza conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño, e coa colaboración da Consellería de Medio Rural, a V Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no pavillón de deportes de Goián (Tomiño).
Á mostra asistirán máis de 30 empresas do sector do agro (17 viveiros de plantas ornamentais, 4 de produtos do campo, 4 maioristas de flor e 6 auxiliares do sector). O obxectivo principal desta feira é poñer en valor o que se fai no mundo do viveirismo, da flor, da horta e da fructicultura na zona do Baixo Miño e máis, concretamente, no concello de Tomiño. Ademais, preténdese promover acordos empresariais que incrementen as posibilidades de negocio e de exportación, así como a modernización do sector do agro. O programa previsto é o seguinte: Sábado 5 de abril: 12:00 horas: Inauguración da mostra presidida polo Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal), Alcaldesa de Tomiño (Sandra González Álvarez) e Presidente Comisión Organizadora da Mostra (Juan Peixoto Moure). 16:30 horas: I Xornadas Técnicas sobre a Planta Ornamental no Baixo Miño, a cargo de varios profesionais na materia. Impartirase no Auditorio de Goián a partir das catro e media da tarde. Adxúntase programa. Domingo 6 de abril: exposición e peche, entre as 11:00 e ás 20:30 horas, respectivamente. Ambas mañás haberá polbo á feira e vendedores de plantas e produtos de O Rosal fora do pavillón. Para máis información, pode visitarse a páxina Web da mostra: www.mostradecultivos.eu |