topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3448881

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Álvaro Hermida S.L. logra por segundo ano o premio Mellor Servizo Oficial SEAT PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 de Abril do 2008
A empresa Álvaro Hermida S.L. logrou por segundo ano consecutivo o Premio Mellor Servizo Autorizado SEAT do ano 2007 pola súa calidade no servizo post-venda. O pasado xoves recibiron de mans de Pedro Hernández Zini, Xerente Comercial de Postventa Zona I de SEAT o premio e diploma acreditativo deste galardón.

A entrega tivo lugar no transcurso dunha cea, celebrada no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui, na que estivo presente a totalidade do persoal integrado por vinte e dúas persoas.

Para lograr por segundo ano consecutivo este recoñecemento. a empresa investiu en calidade no servizo e formación dos seus traballadores. Ao longo do todo o ano a marca SEAT realiza un exclusivo seguimento dos seus Servizos Autorizados tanto a través de enquisas aos clientes, como por medio do "cliente pantasma" e ata coa avaliacións que realiza o propio persoal da marca de forma periódica.

Pasar os esixentes requisitos de control supón a implicación non só do persoal de xerencia e administración, senón de todos e cada un dos traballadores da empresa.

Lograr este importante premio non sería posible, recoñecen desde Álvaro Hermida S.L., sen a confianza que os clientes depositan neles, tanto para labores de mantemento como de reparación de mecánica, chapa e pintura, electricidade, aliñado de dirección,... é por iso que desde a empresa queren expresar o seu agradecemento publicamente a todos os clientes que acoden a este Servizo Autorizado SEAT para o coidado dos seus vehículos.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.