|
Ciclo “Letras de Cine” na Biblioteca da Guarda |
|
|
|
|
Xoves, 10 de Abril do 2008 |
|
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que depende da Concellería de Cultura, que dirixe Antonio Lomba Baz; organiza o ciclo “Letras de Cine” co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e o Día das Letras Galegas.
Se proxectarán catro películas de recoñecido prestixio: 25 de abril: Sempre Xonxa, dirixida por Chano Piñeiro. Baseada nos relatos das historias da emigración que oíra relatar no seu pobo natal, Forcarei, e nas aldeas de Rubillón e Baíste.
23 de maio: A lingua das bolboretas, dirixida por José Luís Cuerda. Baseada nos contos "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa", contados no libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas.
O obxectivo deste ciclo é promocionar o cine e a lectura en galego. As catro películas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen na Biblioteca Pública Municipal da Guarda despois da súa proxección.
|