topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610367

Alternativas visuais

js_element_orange
A primeira reunión do Consello da Cultura de Tomiño valorará o Plan Cultural Municipal PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 12 de Abril do 2008
  • O novo órgano ten caracter consultivo e está formado por destacados grupos e persoeiros do municipio

 

Os membros do Consello da Cultura de Tomiño, recentemente constituído, reuniranse hoxe por primeira vez. No acto, que terá lugar ás 12 do mediodía, se presentará a proposta do Plan Cultural Municipal para o segundo semestre do ano, e se valorará a posibilidade de realizar circuítos nas parroquias.

O Concello de Tomiño nomeou hai poucos días o órgano do que son membros as principais asociacións do ámbito cultural, social e veciñal do municipio, así como persoeiros destacados da localidade.


O nomeamento fíxose a través dun decreto da Alcaldía, a proposta da Concellería de Educación, Cultura e Participación Veciñal, que dirixe Jesús Castiñeira Diz.


Segundo o regulamento do órgano, publicado no BOP o pasado 8 de xaneiro, trátase de crear e posibilita-lo funcionamento regular dun órgano que permita axudar a establecer as directrices e estratexias municipais, buscando o mellor aproveitamento dos recursos materiais e persoais afectos a promoción da cultura.


O Consello da Cultura do Concello de Tomiño será un órgano consultivo sen personalidade xurídica propia nin as súas decisións serán vinculantes para os órganos do goberno municipal, actuando con imparcialidade e independencia.

 

Neste senso, o concelleiro afirmou sentirse especialmente satisfeito de que Tomiño sexa o primeiro Concello da Comarca en crear este órgano consultivo. "Precisamente por isto, en certa medida, todos temos a responsabilidade de facer que funcione ben para que poida servir de exemplo a outros que queiran seguir o noso camiño".

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.