topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3480931

Quen está conectado?

Temos 1 convidado conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
A Guarda presentou o seu Plan Director de Turismo PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 12 de Abril do 2008
  • O Monte de Santa Trega, o Estuario e a Gastronomía son os recursos máis potentes de entre máis de 30 catalogados.

 

Coa finalidade de estruturar e dinamizar un dos sectores económicos principais para A Guarda, o Concello encargou o pasado mes de Novembro a realización dun “Plan Director de turismo” sobre o que se planificará e desenvolverá o turismo guardés nos vindeiros anos, onte foi presentado polo alcalde da vila e técnicos da empresa Trivium, redactora do Plan.

 

A redacción deste Plan é a primeira iniciativa que o Concello quixo por en marcha para marcar o inicio dunha nova etapa no turismo local. Neste eido, o Plan preséntase como unha ferramenta básica e estratéxica para a planificación e xestión integral do turismo guardés que permita impulsar e consolidar un desenvolvemento turístico sostible dende o punto de vista ambiental, económico e socio-cultural.


Este plan puxo de manifesto, entre outras cousas, que A Guarda é o destino máis turístico do Baixo Miño, con máis do 40% das prazas de aloxamento da comarca. Do mesmo modo, viuse reflectido o gran peso da gastronomía guardesa xa que conta co 31% das prazas de restauración. Nese sentido, a alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas destacou "a importancia do sector turístico para o noso pobo" un sector que ocupa "a unha parte destacada de poboación e participa de xeito notable na xeración de riqueza".


En canto aos recursos cos que conta o concello, catalogáronse 35 de diferente índole e categoría. Os máis potentes, tanto polo seu recoñecemento como polo seu grao de explotación, son o Monte de Santa Trega, A Citania, as festas, a gastronomía, o Estuario e as praias. Neste punto destaca excesivamente o Monte, recurso sobre o que se articulou o 100% da actividade turística local e é o principal motivo da visita ao destino. Ademais grazas a él A Guarda situouse no mapa turístico nacional.


A diversificación, a clave do desenvolvemento futuro

A posibilidade que supón contar cunha gran variedade de recursos permite que A Guarda poida diversificar a súa oferta turística, baseada na actualidade unicamente na visita ao Monte e a contemplación das súas vistas. O desenvolvemento do turismo natural e activo sobre os diferentes espazos naturais, a dinamización e a interpretación de tódolos recursos culturais existentes, a explotación ao máximo da súa vinculación á cultura mariñeira, o aproveitamento da unicidade das súas praias ou a optimización ao máximo da gran calidade da gastronomía, son algunhas das medidas que se deberán ter en conta para facer máis atractivo ao concello para os visitantes e acadar así que aumenten as estancias e o gasto medio no concello, dous dos problemas actuais do destino.


O excursionista: o gran protagonista

O gran poder de atracción e a fama do Monte de Santa Trega fai que A Guarda reciba milleiros de visitantes. Na actualidade estas visitas prodúcense nun alto grao en forma de excursionismo, é dicir, sen pasar a noite no concello, o que orixina que éste sexa o principal visitante do concello. Por outra banda, o groso destas visitas prodúcense en época estival, cando as Rías Baixas reciben un gran número de turistas que acoden a gozar das praias dos principais destinos da zona e achéganse A Guarda como lugar de visita obrigada.


Ante esta situación, o Plan expón o gran reto de aumentar a cota de turistas sobre excursionistas, para o que se determinou como necesario un aumento das prazas de aloxamento, así como a restructuración da oferta turística actual mencionada anteriormente que posibilite un aumento das actividades a realizar no destino.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.